Manon Lescaut (Puccini)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Manon Lescaut
Cartel orixinal.
FormaÓpera
Actos e escenas4 actos
Idioma orixinal do libretoItaliano
LibretistaR. Leoncavallo, M. Praga, D. Oliva, L. Illica, G. Giacosa, G. Ricordi e G. Adami
Fontes literariasNovela do abade Prévost de 1731
Estrea1 de febreiro de 1893
Teatro da estreaTeatro Regio
Lugar da estreaTurín
Duración2 horas
Música
CompositorGiacomo Puccini
Personaxes

Manon Lescaut (soprano)
Il Cavaliere Renato des Grieux (tenor)
Lescaut (barítono)
Geronte di Ravoir (baixo)
Edmondo (tenor)[1]

Manon Lescaut é unha ópera en catro actos con música de Giacomo Puccini e libreto en italiano escrito sucesivamente por varias persoas: Ruggiero Leoncavallo, Domenico Oliva, Marco Praga, Giuseppe Giacosa, Luigi Illica, Puccini e Giulio Ricordi. Está baseada na obra L'historie du chevalier des Grieux et de Manon Lescaut (1731) do Abade Prévost, que inspirou tamén a ópera Manon de Jules Massenet. O editor, Giulio Ricordi, e o propio compsitor tamén contribuíron ao libreto. Tan confusa foi a autoría do libreto que ninguén aparece acreditado na portada da partitura orixinal. Foi estreada o 1 de febreiro de 1893 no Teatro Regio de Turín.

Manon Lescaut foi o primeiro grande éxito do compositor. O seu editor non quería ningunha outra ópera sobre a novela do abade Prévost, xa que o compositor francés Jules Massenet xa escribira unha excelente. O que non sabían é que [[Daniel Auber|Auber tamén escribira a súa. Mais Puccini non fixo caso desta solicitude e continuou co seu proxecto.

Puccini colleu algúns elementos musicais empregados en Manon Lescaut de obras que el mesmo escribira con anterioridade. Por exemplo, el madrigal Sulla vetta tu del monte do segundo acto reflicte o Agnus Dei da súa Misa a catro voces de 1880. Outros elementos de Manon Lescaut proceden da súa composición para cordas: o cuarteto Crisantemi (xaneiro de 1890), tres Minuetos (probablemente de 1884)[2] e un Scherzo (1883?). O tema de amor procede da aria Mentia l'avviso (1883).

Personaxes[editar | editar a fonte]

Personaxe Tesitura Elenco na estrea, 1 de febreiro de 1893
Director: Alessandro Pomè
Lescaut (Sarxento) barítono Achille Moro
Manon Lescaut (irmá de Lescaut) soprano Cesira Ferrani
Renato des Grieux (Cabaleiro, nobre) tenor Giuseppe Cremonini
Geronte de Ravoir (tesoureiro real) baixo Alessandro Polonini
Edmondo (un estudante) tenor Roberto Ramini
Pousadeiro baixo Augusto Castagnola
Cantante mezzosoprano Elvira Ceresoli
Mestre de baile tenor Roberto Ramini
Faroleiro tenor Roberto Ramini
Sarxento (dos arqueiros reais) Baixo Ferdin Cattadori
Capitán da mariña baixo
Peiteador personaxe mudo Augusto Ghinghini
Policías, vendedores, estudantes, mariñeiros, sirvientes etc.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Riding, Alan; Dunton-Downer, Leslie (2008). Guías visuales Espasa: Ópera (en español) (1.ª ed.). Espasa Calpe, S.A. p. 191. ISBN 978-84-670-2605-4. 
  2. Weaver, William y Puccini, Simonetta: The Puccini Companion: Essays on Puccini's Life and Music, 2000, W. W. Norton & Company. ISBN 0-393-32052-9, pág. 291.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.