Lorin Maazel
Lorin Maazel | |
---|---|
![]() Lorin Maazel en 2006 | |
Nome completo | Lorin Varencove Maazel |
Data nacemento | 6 de marzo de 1930 |
Nado en | Neuilly-sur-Seine (Francia) |
Falecemento | 13 de xullo de 2014 Castleton Farms, Virxinia (EE. UU.) |
Condado de Rappahannock | |
Causa | pneumonía |
Cónxuxe | Israela Margalit (desde 1969) Dietlinde Turban (desde 1986) |
Fillos | Fiona Maazel |
Ocupación | Director de orquestra, violinista e compoitor |
Xénero | Música clásica |
Na rede | |
http://www.maestromaazel.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Lorin Varencove Maazel , nado en Neuilly-sur-Seine o 6 de marzo de 1930, e finado en Virxinia o 13 de xullo de 2014,[1] foi un director de orquestra, violinista e compositor estadounidense de orixe francesa.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Maazel naceu en Neuilly-sur-Seine, Francia, de pais estadounidenses xudeus de orixe rusa que moi pronto volveron aos Estados Unidos. Xa de pequeno demostrou uns dotes prodixiosos para a música. Tomou a súa primeira clase de dirección de orquestra aos 7 anos, e debutou aos 8. Con 9, en 1939, xa dirixiu a Orquestra de Interlochen na Feira Mundial de Nova York, así como a Orquestra Filharmónica de Los Ángeles, onde compartiu un programa con Leopold Stokowski. Aos 11, Arturo Toscanini invitouno a dirixir a súa orquestra neoiorquina, e aos 13 xa fixera o propio na Orquestra Filharmónica de Nova York e na Orquestra de Filadelfia.[2] Aos 12 anos efectuou unha xira polos EE. UU. dirixindo as mellores orquestras. Seu debut como violinista foi aos 15 anos de idade. Estudou matemáticas e filosofía na Universidade de Pittsburgh.
Faleceu en Castleton Farms, Virxinia, Estados Unidos, o 13 de xullo de 2014, tras unha complicación dunha pneumonía.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Muere el maestro Lorin Maazel
- ↑ Barcelona, Anna Abella (13 de xullo de 2014). "Fallece a los 84 años el maestro de la batuta Lorin Maazel". Consultado o 6 de novembro de 2021.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lorin Maazel |
![]() |
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|