Universidade Nacional de Colombia
| Universidade Nacional de Colombia | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||
A Universidade Nacional de Colombia é unha universidade pública colombiana da orde nacional, fundada baixo o goberno de Santos Acosta o 22 de setembro de 1867 e rexentada pola Lei 66 de 1867.[1][2] É a universidade máis importante e representativa de Colombia pola súa tradición, prestixio, calidade e selectividade. Está vinculada á historia e produción académica de América Latina.[3] O seu campus insignia, a Cidade Universitaria de Bogotá, é o máis grande do país e conta con 17 edificios declarados monumento nacional.[4][5] Ten sedes en Medellín, Manizales, Palmira, Arauca, Leticia, Tumaco, San Andrés e La Paz (Cesar).[6]
A súa poboación estudantil é de 49 890 estudantes, dos cales 41 340 son de pregrao e 8550 de posgrao; este feito convértea na academia colombiana con maior número de estudantes.[7][8][9][10] Conta tamén cun total de 2939 docentes activos de planta, a metade con doutoramento.[11] Posúe 94 programas de pregrao, 97 especializacións, 38 especialidades médicas e odontolóxicas, 148 mestrados e 54 doutoramentos distribuídos nas súas 8 sedes.
O 9 de abril de 2010, o Ministerio de Educación Nacional outorgoulle a Acreditación Institucional de Alta Calidade por 10 anos en todas as súas sedes.[12] Numerosas clasificacións sitúana como a mellor do país.[13][14][15] É membro da Asociación Colombiana de Universidades, a Asociación Universitaria Iberoamericana de Posgrao (AUIP) e a rede iberoamericana de universidades Universia.[16][17][18]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Consejo Superior Universitario. "Acuerdo 011 de 2005". Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2017. Consultado o 06 de xuño de 2018.
- ↑ Congreso de la República. "Ley 66 de 1867". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2017. Consultado o 06 de xuño de 2018.
- ↑ El Tiempo. "Las mejores universidades colombianas".
- ↑ Vicerrectorado de Relaciones Internacionales y Cooperación al Desarrollo. "Universidad Nacional de Colombia". Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2009. Consultado o 06 de xuño de 2018.
- ↑ Universidad Nacional. "Patrimonio Histórico". Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2013. Consultado o 06 de xuño de 2018.
- ↑ "La U. Nacional va a tener una “hija” vallenata".
- ↑ "(BETA) Estadísticas e Indicadores de la Universidad Nacional de Colombia, 2014" (20). ISSN 0000-0000. Arquivado dende o orixinal (XLS) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 06 de xuño de 2018.
- ↑ "Indicadores básicos de la Universidad Nacional, año 2013" (PDF) (19). ISSN 2357-5646. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de marzo de 2015. Consultado o 06 de xuño de 2018.
- ↑ Modelo desbotado. Use un dos modelos de citas no lugar deste marcador.
- ↑ Guiaacademica.com. "Las 10 Universidades con mayor número de graduados". Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2014. Consultado o 06 de xuño de 2018.
- ↑ "Estadísticas docentes Universidad Nacional de Colombia" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de agosto de 2016. Consultado o 06 de xuño de 2018.
- ↑ Agencia de noticias UN. "UN, única con acreditación institucional por 10 años". Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2018. Consultado o 06 de xuño de 2018.
- ↑ "Ranking U-Sapiens". Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2017. Consultado o 06 de xuño de 2018.
- ↑ Webometrics. "Ranking web de universidades".
- ↑ Sapiens Research. "Ranking U-Sapiens 2013-2 (actual: 04-09-2014)". Arquivado dende o orixinal o 18-02-2015. Consultado o 06-06-2018.
- ↑ ASCUN. "Universidades Asociadas". Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2013. Consultado o 06 de xuño de 2018.
- ↑ AUIP. "Relación de Instituciones Asociadas a la AUIP por países COLOMBIA". Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2018. Consultado o 06 de xuño de 2018.
- ↑ Universia. "Universidades socias - Universidades de Colombia". Arquivado dende o orixinal o 18 de novembro de 2016. Consultado o 06 de xuño de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Universidade Nacional de Colombia |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en castelán)