Diego Salas Pombo
Diego Salas Pombo | |
---|---|
Nacemento | 26 de setembro de 1918 |
Barcelona | |
Falecemento | 24 de abril de 1997 |
Madrid | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político e avogado |
Premios | Gran Cruz da Orde do Mérito Civil, Gran Cruz da Orde Civil do Mérito Agrícola e Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Diego Salas Pombo, nado en Barcelona o 26 de setembro de 1918 e finado en Madrid o 24 de abril de 1997, foi un avogado, falanxista e político español.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou Dereito nas Universidades de Santiago, Oviedo e Madrid e foi mestre. Instalouse na Coruña onde fundou Falange Española e foi o seu Secretario provincial entre 1936 e 1937. Detido na primavera de 1936, cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 alistouse como voluntario e loitou como Alférez de Enxeñeiros no Exército franquista, destinado na Compañía de Radiodifusión e Propaganda. Ao rematar a guerra foi nomeado Inspector Nacional (1939) e despois Secretario Nacional do SEU. En 1941 foi nomeado Xefe Provincial de FET y de las JONS da Coruña, desempeñando o cargo até marzo de 1945, cando foi nomeado Gobernador civil e Xefe Provincial do Movemento de Salamanca (1945-1950) e despois de Valencia (1950-1956). Foi Vicesecretario Xeral do Movemento, Conselleiro Nacional do Movemento e procurador en Cortes (1943-1977). Foi uno dos 59 procuradores que votaron en contra da Lei para a Reforma Política o 18 de novembro de 1976. Na transición militou en Falange Española de las JONS ás ordes de Raimundo Fernández Cuesta.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Fuensanta Bruquetas Saurín.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- "Diego Salas Pombo". Universidade de Navarra (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2014.
- Ficha no Congreso dos Deputados