Saltar ao contido

Morse

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O morse[1] é un método de transmisión de información, que emprega secuencias estándar de pulsos curtos e longos (coñecidos como puntos e raias para a representación de letras, números e caracteres especiais.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Foi desenvolto orixinalmente por Alfred Vail mentres colaboraba en 1835 con Samuel Morse na invención no telégrafo eléctrico. Vail creou un método consistente en raias e puntos, é dicir, sinais telegráficos que se diferencian no tempo de duración do sinal activo. Morse recoñeceu a idoneidade do sistema e patentouno xunto co telégrafo eléctrico. Foi coñecido como American Morse Code e empregouse na primeira transmisión por telégrafo.

Este código foi moi usado para as primeiras transmisións por radio, a principios da década de 1890. Porén, co desenvolvemento de técnicas de comunicación máis avanzadas, o uso do código Morse quedou un pouco obsoleto, aínda que segue sendo empregado para fins especializados, e por radioafeccionados.

O Código Morse pode ser transmitido a través de moitos medios: nos seus comezos, transmitíanse pulsos eléctricos a través dos cables telegráficos; tamén se pode enviar como un ton de son, como un sinal de radio composto por pulsos curtos e longos, ou como un sinal eléctrico ou visual. Debido a que o código Morse tan só emprega dous estados (activo e inactivo) supuxo unha forma primaria do código dixital.

O código Morse internacional consta de seis elementos:

  • punto (·).
  • raia (-).
  • espazo entre caracteres (entre os puntos ou raias dun mesmo carácter).
  • espazo curto (entre letras).
  • espazo medio (entre palabras).
  • espazo longo (entre frases).

Con todo, a lonxitude variable dos caracteres Morse fai difícil a transmisión automática deste código, o que fixo que fose substituído por formatos máis estándares, como o código Baudot e o ASCII.

O que hoxe en día se coñece como código Morse, non é o código Morse orixinal. En 1848 realizáronse en Alemaña diversos cambios neste código, ata chegar ao agora coñecido como International Morse. O uso do código Morse orixinal estivo durante moito tempo limitado aos Estados Unidos, agora se coñece como American Morse code pero non é moi empregado.

A mediados da década de 1830, Samuel Morse e Alfred Vail desenvolveron o telégrafo eléctrico, que empregaba corrente eléctrica para controlar un electroimán situado no receptor, o outro lado do medio de transmisión. Os límites tecnolóxicos da época fixeron imposíbel imprimir caracteres individuais de forma lexíbel, de forma que os inventores tiveron que atopar outra forma de comunicarse. A comezos de 1837, William Cooke e Charles Wheatstone traballaron con telégrafos eléctricos en Inglaterra, que tamén controlaban electroimáns nos receptores,

Na metade dos 1830, Samuel Morse e Alfred Vail desenvolveron un telégrafo eléctrico que empregaba corrente eléctrica para controlar un electroimán sito no extremo receptor dun cable de transmisión. As limitacións tecnolóxicas da época fixeron imposíbel imprimir os caracteres individuais dunha forma lexíbel, polo que tiveron que deseñar un método alternativo de comunicación.

A comezos de 1837, William Cooke e Charles Wheatstone introduciron telégrafos eléctricos na Inglaterra, que tamén controlaban electroimáns nos receptores, pero no seu sistema as agullas xiráronse para indicaren que caracteres se enviaban. Pola contra, o sistema inicial de telégrafos de Morse e Vail que entrou en operación en 1844, marcaba unha cinta de papel.

O código Morse foi desenvolto de forma que os operadores puidesen traducir as marcas da cinta de papel a mensaxes de texto. Inicialmente, Morse planeara transmitir só números, e empregar un dicionario para buscar cada palabra conforme co número no que fose enviado. De todas formas, o código expandiuse para incluír letras e caracteres especiais, de forma que puidese ser empregado para mensaxes máis completas. As marcas curtas chamáronse "puntos" e as longas "raias", e as letras máis empregadas na lingua inglesa foron asignadas ás secuencias máis curtas.

Nos telégrafos orixinais, o armazón no receptor facía un clic cada vez que se movía dentro e fóra da posición de marcaxe da cinta. Os operadores axiña aprenderon a ler directamente os clics ao comezo e final dos puntos e raias, significando que xa non se necesitaba máis o uso da cinta. Cando se adoptou o código Morse á radio, os puntos e raias enviáronse en forma de tons curtos e largos.

As compañías de telégrafos cobraban baseándose na lonxitude das mensaxes enviadas. Elaborados códigos comerciais desenvolvéronse para codificaren frases comúns en grupos de cinco letras que se enviaban coma palabras simples.

O código Morse tivo un ciclo de vida que aínda non foi superado por ningún outro código electrónico. Empregouse na comunicación marítima ata 1999, cando foi substituído polo Sistema Global de Sinais de Seguranza Marítima.

O alfabeto Morse

[editar | editar a fonte]
Letra Código
internacional
Letra Código
internacional
A · - N - ·
B - · · · O - - -
C - · - · P · - - ·
D - · · Q - - · -
E · R · - ·
F · · - · S · · ·
G - - · T -
H · · · · U · · -
I · · V · · · -
J · - - - W · - -
K - · - X - · · -
L · - · · Y - · - -
M - - Z - - · ·
Código internacional
0 -----
1 ·----
2 ··---
3 ···--
4 ····-
5 ·····
6 -····
7 --···
8 ---··
9 ----·

Signos ortográficos

[editar | editar a fonte]
Código internacional
Punto [.] · - · - · -
Coma [,] - - · · - -
Signo de interrogación [?] · · - - · ·
Apóstrofo ['] · - - - - ·
Signo de exclamación [!] - · - · - -
Barra inclinada [/] - · · - ·
Paréntese [( )] - · - - · -
E comercial [&] · ···
Dous puntos [:] - - - · · ·
Punto e coma [;] - · - · - ·
Igual [=] - · · · -
Fracción - · · - ·
Guión [-] - · · · · -
Guión baixo [_] · · - - · -
Comiñas ["] · - · · - ·
Arroba [@] · - - · - ·

O símbolo @ foi engadido no 2004, e combina unha A e unha C nun mesmo carácter.

Signos especiais

[editar | editar a fonte]

Este é un conxunto de signos que teñen un significado especial. Normalmente están compostos por un, dous ou tres caracteres alfabéticos do código Morse. Este tipo de signos envíanse de forma continuada, é dicir, omitindo as pausas entre caracteres e entre letras; isto represéntase por unha liña encima do signo en cuestión.

Signos especiais
Signo Código Significado Comentario
·-·-· Stop (fin da mensaxe) A miúdo escrito +
·-··· Esperar (durante 10 segundos) Responder con C (si). AS2 significa esperar 2 minutos, AS5 5 minutos etc. Para pausas de 10 minutos ou maiores, emprégase QRX
-···- Separador dentro dunha mensaxe A miúdo escrito =. Na práctica non se distingue de , e ás veces escríbese así
-·-··-·· Going off the air "Clear"
-·- Invitación xeral para a transmisión A miúdo enviado despois de CQ
-·--· Invitación específica para transmitir A miúdo indica "back-to-you"
·-· Recibido e entendido "Roger"
···-·- Fin (fin da comunicación). Na práctica non se distingue de , e ás veces escríbese así
···---··· Mensaxe de problemas serios que solicita asistencia urxente Non empregar a non ser que haxa un perigo de morte ou problemas no mar. Ver SOS

Códigos de erro

[editar | editar a fonte]

Un erro pode ser indicado como unha serie de s:

······· Erro, palabra correcta a continuación (seis our máis puntos nunha liña)
· · · Erro (facilmente identificábel por romper o ritmo)

Extensións do código Morse

[editar | editar a fonte]
ñ - - . - -
ä · - · - (tamén æ)
à · - - · - (tamén å)
ĉ - · - · ·
ch - - - -
é · · - · ·
ĝ - - · - ·
ĥ - · - - ·
ĵ · - - - ·
ö - - - · (tamén ø)
ŝ · · · - ·
ü · · - - (tamén ŭ)
" · - · · - ·
! · · - - ·

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]