Johan Garcia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJohan Garcia
Biografía
NacementoReino de Galicia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióntrobador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galego-portuguesa Editar o valor em Wikidata

Johan Garcia foi un trobador ou un xograr do século XIII compositor en lírica galego-portuguesa.[1]

Biografía[editar | editar a fonte]

Puido pertencer a unha familia da baixa nobreza galega. Na rúbrica figura como sobriño de Nuno Eanes. Jean Marie d’Heur propuxo en 1975 que se trataba do trobador Johan Garcia de Guilhade, con todo, esta hipótese foi rebatida por estudosos como António Resende de Oliveira en base á colocación de ambos os dous autores nos cancioneros. Investigadores como o profesor Souto Cabo identifícano como sobriño do trobador Nuno Eanes Cerzeo, xa que un Johan García aparece como testamenteiro de Nuno Eanes Cerzeo nun documento de 1268 pertencente á catedral de Ourense. Por iso, a súa actividade poética pertencería ao terceiro cuarto do século XIII, podendo estar activo na corte de Afonso X e participar na reconquista xunto ao seu tío.[2]  

Obra[editar | editar a fonte]

Consérvanse dúas cantigas de amigo: Donas, fezerom ir daqui e A meu amigo, que eu sempr'amei.[3]

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-05-12. 
  2. "MedDB - Visualiza Trobador". Consultado o 2021-05-12. 
  3. ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-05-12.