Jesús Mora Nieto
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 24 de xaneiro de 1978 (46 anos) Sevilla, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Outros nomes | Jesuli | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, empresario | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1996 - 2007 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Extremo esquerdo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Jesús Mora Nieto, nado en Sevilla o 24 de xaneiro e 1978, é un exfutbolista español, máis coñecido coma Jesuli. Xogaba de centrocampista.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Xogador talentoso pero moi inestábel, o que o levou a non chegar a explotar todo o seu potencial, formouse nas categorías inferiores do Sevilla FC, debutando no primeiro equipo en Primeira División na tempada 1996–97.
No verán do ano 2000 foi traspasado ao Celta de Vigo, onde disputou a Copa da UEFA tódolos anos que milita en Vigo agás o último, no que o equipo xogou a Liga de Campións, porén esa última tempada consumouse o descenso a Segunda División e Jesuli deixa o equipo.
No ano 2004 ficha outra vez polo Sevilla FC, mais nesta segunda etapa non tería moito éxito e foi cedido a equipos de Primeira e Segunda División, coma a Real Sociedad ou o CD Tenerife.
Retirouse no ano 2008, na actualidade xoga no equipo de Fútbol Indoor do Sevilla FC.
Unha vez retirado do fútbol en activo viuse involucrado nunha polémica a raíz dun suposto caso de corrupción no encontro que decidiu o ascenso do CD Tenerife en detrimento da Real Sociedad na tempada 2007–08, cando Jesuli era xogador no club tinerfeño. Tanto dende o club tinerfeño coma Lorenzo Sanz, expresidente do Real Madrid que se viu involucrado na polémica sempre negaron as acusacións.
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Celta de Vigo
- Copa Intertoto da UEFA: 2000
- Sevilla
- Copa da UEFA: 2005–06
- Copa do Rei: 2006–07