Ryhor Kachanovič

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Hryhorii Kokhanovych")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Рыгор Кахановіч
Ryhor Kachanovič
Grzegorz Kochanowicz.jpg
Metropolita da Igrexa Católica Bizantina Ucraína
Biografía
Nacementoantes de 1750 en Gran Ducado de Lituania (hoxe Belarús)
Pasamento1814
Ordes
Consagración episcopal11 de abril de 1807, por Iraklij Lisoŭski
Metropolita de Kiev, Galicia e toda a Rus
1809 - 1814
PredecesorIraklij Lisoŭski
SucesorJazafat Bulhak
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Ryhor Kachanovič[1] (en belaruso: Рыгор Кахановіч; en ucraíno: Григорій Коханович, tr."Hryhorii Kokhanovych"; en polaco: Grzegorz Kochanowicz), nado antes de 1750 en Belarús e finado en 1814, foi un eclesiástico grecocatólico belaruso, metropolita de Kiev, Galicia e toda a Rus dende 1809 até o seu pasamento.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no Gran Ducado de Lituania (hoxe Belarús) antes de 1750. Estudou Teoloxía en Vilnius e foi ordenado sacerdote. Segundo un informe de Jazafat Bulhak a Propaganda Fide, Lisoŭski lle nomeou bispo auxiliar de Polack e bispo titular de Orša o 20 de agosto de 1978.[2]

En 1807 foi nomeado bispo de Lutsk-Ostroh,[2] recibindo a consagración episcopal o 11 de abril de mans do metropolita Iraklij Lisoŭski. En 1809 foi nomeado bispo de Vilnius, eparquía creada no mesmo ano, e o 3 de outubro de 1809 metropolita de Kiev, Galicia e toda a Rus.[2] O 5 de xaneiro de 1810 emitiu unha epikeia[3] en San Petersburgo e enviouna a Roma, na que declaraba que como lle era imposíbel obter a confirmación da Santa Sé, comezaba a súa xurisdición como metropolita sen ela, aínda que nela declaraba a súa adhesión á Igrexa.[2]

O 13 de xaneiro de 1811 consagrou tres bispos en Vilnius: Jan Krassowski como arcebispo de Polack, Adriian Holovnia como bispo auxiliar de Vilnius, e Leon Ludwik Jaworowski como bispo auxiliar de Brest; para a consagración do primeiro contou coa asistencia de dous bispos latinos,[2] o bispo de Minsk Jakub Ignacy Dederko e o bispo auxiliar de Mahilioŭ Cyprian Odyniec. Kachanovič finou en 1814 sen ter recibido resposta, por mor das guerras napoleónicas.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tamén Hryhorij Koxanovyč.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Blazejowskyj, Dmytro (1990). Hierarchy of the Kyivan Church (861-1990). Roma: Editiones Universitatis Catholicae Ucrainorum S. Clementi Papae. p. 258. OCLC 22834909. 
  3. Presunción de actuación correcta nun momento de emerxencia.


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Iraklij Lisoŭski
 Metropolita de Kiev, Galicia e toda a Rus 
1809 - 1814
Sucesor:
Jazafat Bulhak