Teísmo (filosofía)
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2013.) |
Na filosofía e a relixión, o teísmo (do grego theos, "deus") é o pensamento, doutrina ou crenza na existencia dun deus ou deuses.
De xeito específico, é a crenza nun ser supremo que creou e que sostén o universo e todo aquilo derivado da propia creación do universo. O teísmo é un pensamento eminentemente teolóxico, pero pode ser tamén unha opción filosófica ou espiritual persoal, sen o apoio de ningunha doutrina relixiosa en particular, que admite a existencia dun deus que creou o universo e transcéndeo.