Crocuta crocuta
Crocuta crocuta Hiena pinta Rango fósil: plioceno tardío – actualidade | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Crocuta crocuta (Erxleben, 1777) | |||||||||||||||||||||
Distribución da hiena pinta
|
Crocuta crocuta (Erxleben, 1777), coñecida en galego como hiena pinta, é unha especie de mamífero da orde dos carnívoros, suborde dos feliformes e familia dos hiénidos.[2]
Vive en África, con excepción do Sáhara e a conca do río Congo, e adoita encontrarse en sabanas, praderías e chairas abertas, pero está ausente das selvas e desertos.
Moi adaptábel, pode sobrevivir incluso cerca de asentamentos humanos.[3]
É a única especie do seu xénero, Crocuta, e non se recoñecen subespecies.[2]
Características
[editar | editar a fonte]As principais características físicas da hiena pinta son:[4][5][6] [7][8][9][10][11][12]
As hienas pintas miden entre 95 e 165 cm de lonxitude e pesan entre 45 e 82 kgo entre 45 e 60 kg (os machos) e entre 55 e 75 kg (as femias), sendo, por tanto, as femias de maior tamaño que os machos.
A cranio da hiena pinta difire do da hiena riscada polo seu tamaño moito maior e pola crista saxital máis estreit. Polo seu tamaño, a hiena pinta ten un dos cranios máis poderosos entre os carnívoros.
Teñen os membros anteriores lixeiramente máis longos que os posteriores, polo que o seu dorso é descendente, aínda que non tanto como noutras hienas, especialmente a hiena parda.
A súa pelaxe é curta, de cor entre amarelado e avermellado, con manchas ovaladas e irregulares de cor parda escura, que faltan en cabeza, garganta e tórax; presentan unha crina curta e ourizada; a cola remata nunha guedella de pelos longos, negros.
Aínda que a súa aparencia semella a dos cans, as hienas están máis emparentadas cos félidos e, especialmente, cos herpéstidos e os vivérridos.
A hiena pinta é a especie máis grande entre as hienas.
A súa fórmula dentaria é:
3.1.4.0-1 / 3.1.3.1 = 32-34.
As femias posúen uns xenitais peculiares, debido á ausencia de vulva e á presenza dun clítoris moi desenvolvido que recorda ao pene dos machos; tamén presentan unha especie de inchazón similar a unha bolsa, como un escroto.
Na época de celo, o orificio uroxenital ensánchase, e o conduto e os tecidos circundantes afróuxanse e hipertrófianse, de modo que poida darse a cópula e o parto.
Bioloxía e ecoloxía
[editar | editar a fonte]Costumes
[editar | editar a fonte]Son de hábitos principalmente nocturnos e crepusculares.[13] Habitualmente viven en grupos familiares liderados por unha femia.[14] Refúxianse en buratos naturais entre rochas ou outros lugares similares, entre as matogueiras ou en galerías abandonadas polos porcos formigueiros que frecuentemente agrandan elas mesmas.[15] Defenden o seu territorio doutros grupos o clans de hienas; este territorio é marcado coas secrecións das súas glándulas anais, urina e excrementos que depositan habitualmente en latrinas.[14]
Nutrición
[editar | editar a fonte]Cazan en grupos de 10 a 30 individuos,[16] comandados por unha femia dominante. As súas poderosas mandíbulas e potentes moas están preparadas para unha alimentación a base de carne, podendo engulir tamén os ósos, dentes e cornamentas das súas presas.[17][18][19][20] Aínda que están consideradas como preeiras, son cazadoras que, ademais, se alimentan de prea cando é oportuno.[21] A súa dieta comprende desde insectos a cebras, ñus e incluso xirafas,[14] alimentándose tanto de cadáveres como de presas vivas, principalmente dos animais moribundos e enfermos.[22] As disputas por cadáveres de animais entre hienas pintas e leóns son comúns.[21] Se o grupo de hienas non é moi numeroso, os leóns adoitan gañar, polo que a dentición das hienas adaptada a romper ósos lles permite desfacer o cadáver antes de que cheguen outros carnívoros. Así, cada hiena pode levarse un anaco, dispersarse e non deixar nada.[21] Adoitan esconder a súa comida na lama para cando teñen fame.[23] A súa boa memoria permítelles lembrar onde deixaron a comida. As hienas son extremadamente intelixentes e moitos expertos considéranas intelectualmente comparábeis aos osos e mesmo aos primates.[24][25]
Reprodución
[editar | editar a fonte]O período de xestación é duns 110 días, tras os cales as femias paren dúas crías, excepcionalmente unha ou tres.[13] As crías nacen cos ollos abertos e pesan de media 1,5 kg.[13] En períodos de abundancia de alimentos teñen descendentes femias que adoitan permaneceren no clan e, en períodos de escaseza, predominan os machos na descendencia, que saen fóra. Os machos alcanzan a madurez sexual aos dous anos de idade, e as femias aos tres.[13]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Xénero
[editar | editar a fonte]O xénero Crocuta foi fundado en 1828 polo paleontólogo e naturalista alemán Johann Jakob Kaup, en Oken's Isis. Encyclop. Zeit., 21 (11): columna 1145.[26]
- Sinónimo
Ademais de por este nome tamén foo coñecido polo sinónimo Crocotta Kaup, 1829.[26]
Especie
[editar | editar a fonte]A especie Crocuta crocuta xa fora descrita en 1777 polo naturalista alemán Johann Christian Polycarp Erxleben, baixo o nome de Canis crocuta,[26] en Syst. Regni Anim. 1: 578.[27] Posteriormente foi reclasificada no xénero Crocuta.
- Sinónimos
A especie coñeceuse tamén polos seguintes sinónimos:[27]
- C. capensis (Desmarest, 1817)
- C. cuvieri (Boitard, 1842)
- C. fisi Heller, 1914
- C. fortis J. A. Allen, 1924
- C. gariepensis (Matschie, 1900)
- C. germinans (Matschie, 1900)
- C. habessynica (de Blainville, 1844)
- C. kibonotensis (Lönnberg, 1908)
- C. leontiewi (Satunin, 1905)
- C. maculata (Thunberg, 1811)
- C. noltei (Matschie, 1900)
- C. nyasae Cabrera, 1911
- C. nzoyae Cabrera, 1911
- C. panganensis (Lönnberg, 1908)
- C. rufa (Desmarest, 1817)
- C. rufopicta Cabrera, 1911
- C. sivalensis (Falconer, 1868)
- C thierryi (Matschie, 1900)
- C. thomasi Cabrera, 1911
- C. togoensis (Matschie, 1900)
- C. wissmanni (Matschie, 1900)
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico da hiena pinta, o redundante Crocuta crocuta, pensouse durante moito tempo que era un préstamo do latín crocutus, feminino crocuta, emparentado co latín clásico corcōta, -ae, "túnica de cor azafrán, usada polas mulleres e polos sacerdotes de Cibeles", que, ao parecer, se aplicaba a un animal salvaxe de Etiopía, quizais unha hiena, de cor amarelada ou dourada. Pero isto demostrouse como incorrecto, xa que a ortofrafía correcta do préstamo debería ser crocāta, que nunca se utilizou nese sentido nas fontes greco-romanas.
Parece demostrado que Crocuta provén da palabra do grego antigo Κροκόττας Krokóttas, que deriva da sánscrita koṭṭhâraka, que se orixinaría de kroshṭuka (que orixinalmente significaba "chacal dourado"). A mención máis antiga rexistrada de Κροκόττας é da Xeografía de Estrabón (Γεωγραφικά, en grego; Geographica, en latín), onde se describe o animal como unha mestura de lobo e can, nativo de Etiopía.[28]
Estado de conservación
[editar | editar a fonte]En 1996 a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais cualificara o status da hiena pinta como LR/cd (risco baixo/dependente de conservación). Posteriormente, en 2008, pasou a considerar o seu estado de conservación como LC (pouco preocupante), cualificación que mantén en 2015. As razóns aducidas para isto, son que a presenza desta especie segue a ser xeneralizada na África subsahariana, estimándose que a súa poboación total supera os 10.000 individuos maduros. Porén, hai un continuo declive nas poboacións que viven fóra de áreas protexidas (e incluso nalgunhas áreas protexidas) debido á persecución que sofre por parte da poboación humana e á perda de hábitat, aínda que isto non é suficiente para xustificar a súa inclusión nunha categoría ameazada.[29]
Galería
[editar | editar a fonte]-
iena pinta no Cráter de Ngorongoro, Tanzania.
-
Hiena pinta en Masai Mara, Kenya.
-
Transportando comida.
-
Durmindo no seu tobo.
-
Amamentando a unha cría.
-
Críias de Crocuta crocuta.
-
Primeiro plano de Crocuta crocuta.
-
Lámina de Crocuta crocuta por Félix de Azara, 1839.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Crocuta crocuta na Lista Vermella da IUCN.
- ↑ 2,0 2,1 Wilson & Reeder (eds). (2005): Mammal Species of the World.
- ↑ Kruuk, Hans (1972), p. 335.
- ↑ Dorst, J. & Dandelot, P. (1973), pp. 130-155.
- ↑ Matthews, L. Harrison (1977), pp. 539-542.
- ↑ Haltenorth, T. & Diller, H. (1986), pp. 219-220.
- ↑ Kingdon, J (1988), p. 270.
- ↑ Wozencraft, W. C. e J. E. King (1990), p. 147.
- ↑ Hanák, V. e V. Mazák (1991), pp. 190-191.
- ↑ Stuart, C. e Stuart, T. (2001), p. 148.
- ↑ Vaughen, T. A. et al (2010).
- ↑ Rosevear, Donovan Reginald (1974): The carnivores of West Africa. London: Trustees of the British Museum (Natural History).
- ↑ 13,0 13,1 13,2 13,3 Nowak, R. M. (2005). Walker's Carnivores of the World (6ª ed.). Baltimore, Maryland EE. UU.: Johns Hopkins University Press. pp. 227-229. ISBN 0-8018-8033-5.
- ↑ 14,0 14,1 14,2 Stuart, C. & Stuart, T. (2001). Field Guide to Mammals of Southern Africa (en inglés) (3ª ed.). Ciudad de El Cabo, Suráfrica: Struik Publishers. p. 148. ISBN 1-86872-537-5.
- ↑ Matthews, L. Harrison (1977). La vida de los mamíferos (en castelán). tomo II. Barcelona: Destino. pp. 539 542. ISBN 84-233-0700-X.
- ↑ W. C. Wozencraft, & J. E. King (1990). "Carnivores". En E. Gould e G. McKay. Encyclopedia of animals: mammals (en inglés) (2.ª ed.). Nova York: Gallery Books. p. 147. ISBN 9780831727888.
- ↑ "Punish the Deed, not the Breed!". Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2009. Consultado o 23 de marzo de 2015.
- ↑ Hyena Skull Bone Clones BC-032
- ↑ "smi99-01" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de setembro de 2008. Consultado o 23 de marzo de 2015.
- ↑ Ancient Worlds News - Marsupial has the deadliest bite - 4 de abril de 2005
- ↑ 21,0 21,1 21,2 Van der Made, J. (2005). "La fauna del Plio-Pleistoceno". En Carbonell, E. (coord.). Homínidos: las primeras ocupaciones de los continentes (en español). Barcelona, España: Editorial Ariel. p. 784. ISBN 84-344-6789-5.
- ↑ Hanák, V. & Mazák, V. (1991). Enciclopedia de los Animales, Mamíferos de todo el Mundo (en español). Madrid, España: Susaeta. pp. 190–191. ISBN 84-305-1967-X.
- ↑ "San Diego Zoo" (en Ingles). Estados Unidos: San Diego Zoo. Consultado o 9 September 2014.
- ↑ Kruuk, Hans (1972). The Spotted Hyena: A study of predation and social behaviour. p. 335. ISBN 0563208449.
- ↑ Journal of mammology 88 (3 ), xuño de 2007
- ↑ 26,0 26,1 26,2 Crocuta en MSW.
- ↑ 27,0 27,1 Crocuta crocuta en MSW.
- ↑ Funk, Holger (2010): Hyaena: On the Naming and Localisation of an Enigmatic Animal. München: GRIN Verlag. ISBN 3-640-69784-7.
- ↑ Bohm, T. & Höner, O. R., asesores (2015): Crocuta crocuta na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2015-3.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Crocuta crocuta |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Crocuta crocuta |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dorst, J. & Dandelot, P. (1973): Guía de campo de los mamíferos salvajes de África, Barcelona: Ediciones Omega, S. A.
- Haltenorth, T. & Diller, H. (1986): A Field Guide of the Mammals of Africa including Madagascar. Londres: William Collins Sons & Co Ltd. ISBN 0-00-219778-2.
- Hanák, V. e V. Mazák (1991): Enciclopedia de los Animales, Mamíferos de todo el Mundo. Madrid: Susaeta. ISBN 84-305-1967-X.
- Kingdon, Jonathan (1988): East African mammals: an atlas of evolution in Africa, Volume 3, Part 1. University of Chicago Press. ISBN 0-226-43721-3.
- Kowalski, K. (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9.
- Kruuk, Hans (1972): The Spotted Hyena: A Study of Predation and Social Behaviour. Chicago, Illinois, USA: University of Chicago Press. ISBN 0-0226-5507-6.
- Matthews, L. Harrison (1977): La vida de los mamíferos. Tomo II. Barcelona: Destino. ISBN 84-233-0700-X.
- Mills, Gus & Hofer, Heribert (1998): Hyaenas: status survey and conservation action plan. IUCN/SSC Hyena Specialist Group. ISBN 2-8317-0442-1.
- Rosevear, Donovan Reginald (1974): The carnivores of West Africa. Londres: Trustees of the British Museum (Natural History). ISBN 0-5650-0723-X.
- Stuart, C. e Stuart, T. (2001): Field Guide to Mammals of Southern Africa, 3ª ed. Cape Town, South Africa: Struik Publishers. ISBN 1-86872-537-5.
- Vaughen, T. A; J. M. Ryan e N. J. Czaplewski (2010): Mammalogy, 5ª ed. Sudbury, Massachusetts, USA: Jones & Barlett Learning. ISBN 978-0-7637-6299-5.
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds). (2005): Mammal Species of the World - A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press, 2 vols. ISBN 0-8018-8221-4.
- Wozencraft, W. C. e J. E. King (1990): "Carnivores" en E. Gould e G. McKay, eds. Encyclopedia of animals: mammals 2ª ed. Nova York: Gallery Books. ISBN 978-0-8317-2788-8.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Crocuta crocuta na Lista Vermella da IUCN (en inglés) Consultada o 23 de marzo de 2015.
- Hiena Manchada en El Profesor en línea (en castelán) Consultada o 23 de marzo de 2015.
- Spotted hyena pictures and facts (en inglés) Consultada o 23 de marzo de 2015.