Johann Jakob Kaup

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Johann Jakob Kaup
Kaup Johann Jakob 1803-1873.jpg
Johann Jakob Kaup
Nacemento10 de abril de 1803 e 20 de abril de 1803
 Darmstadt
Falecemento4 de xullo de 1873 (70 anos)
 Darmstadt
NacionalidadeConfederación do Rin, Confederación Xermánica e Imperio Alemán
Alma máterUniversidade de Gotinga
Ocupaciónpaleontólogo, zoólogo, ornitólogo, naturalista e ictiólogo
editar datos en Wikidata ]

Johann Jakob Kaup, nado o 10 de abril de 1803 en Darmstadt, capital do Landgraviato de Hessen-Darmstadt, Sacro Imperio Romano-Xermánico (hoxe no Land de Hessen), e finado o 4 de xullo de 1873 na mesma cidade, foi un paleontólogo e naturalista alemán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pentagrama de Kaup que representa a estrutura da familia dos córvidos.

Estudou en Gotinga, en Heidelberg e, durante dous anos. en Leiden, cidade na que comezou a dedicarlle a súa atención aos anfibios a aos peixes.

Logo regresou á súa cidade natal para traballar como asistente nun museo, onde, en 1840, sería o seu inspector.

En 1829 publicou Skizze zur Entwickelungsgeschichte der europäischen Thierwelt ("Bosquexo da historia do desenvolvemento da fauna europea"), obra na que describiu o mundo animal como unha entidade desenvolvida en escala de menor a maior, desde os anfibios, pasando polas aves até as aves de rapina. Pero posteriormente renegou a súa propia obra, considerándoa unha indiscreción propia da súa xuventude. Porén, tamén manifestouse en desacordo coas ideas expresadas por Charles Darwin na súa obra cumio, A orixe das especies.

Os grandes depósitos de fósiles que se encontraban nos arredores de Darmstadt déronlle a oportunidade para realizar estudos paleontolóxicos, cos que acadou unha considerábel reputación grazas á publicación da súa obra Beiträge zur näheren Kenntniss der urweltlichen Säugethiere (1855–1862). Tamén escribiu Classification der Säugethiere und Vögel (1844) e, xunto a Heinrich Georg Bronn, Die Gavial-artigen Reste aus dem Lias (1842–1844).

Faleceu na súa cidade natal, Darmstadt, o 4 de xullo de 1873.

Importancia na paleontoloxía[editar | editar a fonte]

Un incidente particularmente importante na historia da paleontoloxía involucra a Kaup. En 1854 comprou o mastodonte americano encontrado en 1799 np condado de Orange, Nova York. Este foi o mastodonte que sería inmortalizado na pintura de Charles Willson Peale que representa a escavación de 1801 (a pintura foi realizada entre 1806 e 1808). Este animal estivo en exposición durante varios anos no Museo de Peale, e actualmente pode apreciarse en Darmstadt.[1] Este mastodonte é o primeiro exemplar completo que se encontroo nos Estados Unidos, e é o segundo animal fósil que se exhibiu en toda a historia.

Algunhas publicacións[editar | editar a fonte]

  • 1829 - Skizze zur Entwickelungsgeschichte der europäischen Thierwelt.
  • 1832 - Neuen Jahrbuch für Mineralogie, Geognosie und Petrefaktenkunde.
  • 1842-1844 - Die Gavial-artigen Reste aus dem Lias. (En colaboración con Heinrich Georg Bronn)
  • 1844 - Classification der Säugethiere und Vögel.
  • 1855-1862 - Beiträge zur näheren Kenntniss der urweltlichen Säugethiere.

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura Kaup emprégase para indicar a Johann Jakob Kaup como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. George Gaylord Simpson and H. Tobien (1954): "The Rediscovery of Peale's Mastodon", Proceedings of the American Philosophical Society 98 (4).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Georg Heldmann Kaup, Johann Jakob. En: Neue Deutsche Biographie (NDB). Vol. 11, Duncker & Humblot, Berlin 1977, pp. 369 f.