Mammal Species of the World

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Distribución porcentual segundo a orde do número de especies viventes e recentemente extintas, de acordo coa clasificación da publicación.

Mammal Species of the World (MSW) (en galego, Especies de mamíferos do mundo) é unha publicación científica de referencia taxonómica no ámbito da zooloxía, hoxe considerada oficial por varias entidades científicas, como a estadounidense American Society of Mammalogists (Sociedade Americana de Mastozoólogos), e utilizada como base en diversas publicacións científicas.

Características[editar | editar a fonte]

Tres edicións foron xa publicadas (1982, 1993, 2005), mostrando a evolución da taxonomía das especies mundiais coñecidas de mamíferos, proporcionando tamén datos bibliográficos.[1]

Editado por D. E. Wilson e D. M. Reeder, o repertorio publícase en Baltimore, Maryland, EUA pola Universidade Johns Hopkins.

Desde 2008 proporciona o seu contido actualizado nunha páxina web e preséntase como estándar para as especies de mamíferos do mundo.

Son 29 as ordes recoñecidos dentro da clasificación taxonómica por MSW:[1]

Como vemos, non se admite a nova orde dos Cetartiodactyla, que moitos autores si recoñecen, e que foi creado en 1977 por Montgelard, Catzeflis e Douzery.[2]

O World Register of Marine Species dálle aos Cetartiodactyla a categoría de orde, polo que habería que considerar os Cetacea e os Artiodactyla como subordes.[2]

Pola súa parte, na Animal Diversity Web outorgan a este grupo ou clado a categoría de superorde, incluíndo as ordes dos cetáceos e os artiodáctilos.[3]

Evolución do número de especies consideradas segundo as edicións[editar | editar a fonte]

Ano Número de especies
1982
4.170
1993
4.629
2005
5.416

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]