Félix de Azara
Félix de Azara | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 18 de maio de 1742 |
Lugar de nacemento | Barbuñales |
Falecemento | 20 de outubro de 1821 |
Lugar de falecemento | Barbuñales |
Causa | pneumonía |
Soterrado | Holy Cathedral Church of the Transfiguration of the Lord |
Nacionalidade | España |
Ocupación | naturalista, xeógrafo, escritor, militar, explorador, antropólogo e ornitólogo |
Irmáns | José Nicolás de Azara y Perera e Eustaquio de Azara y Pereda |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Félix Manuel de Azara y Perea, nado en Barbuñales (daquela no Reino de Aragón) o 18 de maio de 1742 e finado na mesma vila o 20 de outubro de 1821[1], foi un militar, naturalista e enxeñeiro español.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Ingresou na carreira militar no corpo de artilleiros, primeiro, e logo no de enxeñeiros. Distinguiuse en varias expedicións, e alcanzou o grao de xeneral de brigada.
Foi enviado a América do Sur en 1781, nunha expedición encargada de resolver o conflito dos límites entre as colonias de España e Portugal. Permaneceu alí até 1801. Antes de deixar Suramérica, enviou ó seu irmán, José Nicolás de Azara (entón embaixador de España en París), anotacións e observacións sobre zooloxía, que Moreau de Saint-Méry publicou en París en 1801, co título de Essais sur l´histoire naturelle des Quadrupèdes, traducido ao castelán en 1802 como Apuntamientos para la Historia natural de los quadrúpedos del Paraguay y Río de la Plata. Á volta de América redactou Voyages dans l’Amérique méridionale, par don Félix de Azara, publicado en 1809.
En 1805, retirouse para a súa localidade natal, dende onde escribiu numerosos informes, e onde faleceu en 1821.
Homenaxes[editar | editar a fonte]
Durante a súa viaxe por Suramérica describiu máis de 200 novas especies animais. Certo número de animais levan na súa honra o seu apelido: Aotus azarae (mico nocturno de Azara), Dasyprocta azarae (agutía de Azara), Akodon azarae (rato das herbas de Azara) ou o Synallaxis azarae. Unha crista da Lúa, Dorsum Azara, débelle tamén o seu nome.
Adiantou a posibilidade da evolución das especies que máis tarde desenvolvería Charles Darwin. Este tiña en grande estima a obra de Azara (a pesar de que el non fose un naturalista profesional) e en varias das súas obras citouno como autoridade.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Dictionary of Scientific Biography, vol. 1. New York, Charles Scribner's Sons, 1970, páxs. 351-352, iSBN 0684101149}}