Johann Christian Erxleben

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Johann Christian Erxleben
Erxleben 1.jpg
Datos persoais
Johann Christian Polycarp Erxleben
Nacemento 22 de xuño de 1744
Lugar Quedlinburg, Reino de Prusia
Falecemento 19 de agosto de 1777
Lugar Gotinga
Nacionalidade prusiana
Actividade
Campo ciencias naturais, física, química, mineraloxía, entomoloxía, medicina, veterinaria, catedrático de universidade
Alma máter Universidade de Gotinga
Director de tese Abraham Gotthelf Kästner
Alumnos de tese Christian Ehrenfried Weigel
Contribucións e premios
Coñecido por por ser un dos fundadores da medicina veterinaria moderna
editar datos en Wikidata ]

Johann Christian Polycarp Erxleben, nado o 22 de xuño de 1744 en Quedlinburg, Reino de Prusia (hoxe no Land de Saxonia-Anhalt), e finado o 19 de agosto de 1777 en Gotinga, foi un naturalista alemán. As súas áreas de especialización inclúen a física, a mineraloxía, a química e a historia natural.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Desde 1763 a 1767 Erxleben, estudou medicina na Georg-August-Universität Göttingen (coñecida como Universidade de Gotinga). Despois de conseguir o seu doutoramento, foi profesor de física e química, así como de medicina veterinaria nesta universidade, onde desenvolvería toda a súa carreira profesional.

Está considerado como un dos fundadores da medicina veterinaria moderna, xa que fundou, en 1771, a máis antiga institución académica neste campo en Alemaña, o Tierärztliches Institut (Instituto Veterinario).[1]

Desde 1774 Erxleben foi membro da Sozietät der Wissenschaften zu Göttingen (Sociedade de Ciencias de Gotinga), hoxe Akademie der Wissenschaften zu Göttingen (Academia de Ciencias de Gotinga).[2]

A súa nai, Dorothea Christiane Erxleben, foi a primeira muller en obter un doutoramento en medicina en Alemaña.[3]

Publicacións principais[editar | editar a fonte]

Os seus traballos científicos inclúen, entre outros:

  • Dijudicationem Systematum Animalium (1767).
  • Anfangsgründe der Naturlehre (1768).[4]
  • Betrachtungen der Ursachen der Unvollständigkeit der Mineralsysteme (1768).
  • Anfangsgründe der Chemie (1775).[5]
  • Einleitung in die Vieharzneykunst (1769).
  • Betrachtung über das Studium der Vieharzneykunst (1769).
  • Geschichte meiner Beschäftigung mit der Vieharzneykunst (1798).

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura Erxleben emprégase para recoñecer a Johann Christian Erxleben como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Universität Göttingen: Geschichte des Tierärztlichen Instituts". Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2017. Consultado o 05 de febreiro de 2018. 
  2. Holger Krahnke: Die Mitglieder der Akademie der Wissenschaften zu Göttingen 1751–2001 (= Abhandlungen der Akademie der Wissenschaften zu Göttingen, Philologisch-Historische Klasse. Folge 3, Bd. 246 = Abhandlungen der Akademie der Wissenschaften in Göttingen, Mathematisch-Physikalische Klasse. Folge 3, Bd. 50). Vandenhoeck & Ruprecht, Göttingen, 2001, ISBN 3-525-82516-1.
  3. Schiebinger, Londa (1990): "The Anatomy of Difference: Race and Sex in Eighteenth-Century Science", en Eighteenth Century Studies 23 (3): 387-405.
  4. Anfangsgründe der Naturlehre
  5. Anfangsgründe der Chemie

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Beaucamp, Gerta (1994): Johann Christian Polycarp Erxleben. Versuch einer Biographie und Bibliographie. Göttingen: Wallstein Verlag. ISBN 978-3-8924-4085-7.
  • Brenig, Bertram (2000): Johann Christian Polycarp Erxleben (1744-1777) - Universalgelehrter, Naturforscher und Tierarzt. Georgia-Augusta
  • Kästner. Abraham Gotthelf (1778): "Elogium Jo. Christiani Polycarpi Erxleben". En: Novi commentarii Societatis Regiae Scientiarum Gottingensis.
  • Lichtenberg, Georg Christoph (2005): Vorlesungen zur Naturlehre. Göttingen: Akademie der Wissenschaften zu Göttingen. Wallstein Verlag.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]