Saltar ao contido

Guerra da Independencia española

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Guerra Peninsular»)

Guerra da Independencia Española

La carga de los mamelucos de Francisco de Goya, ilustra un dos episodios do levantamento popular do 2 de maio de 1808 que desembocaría na Guerra da Independencia Española.
Data 2 de maio de 180817 de abril de 1814
Lugar Península Ibérica
Resultado Vitoria decisiva aliada
Casus belli Invasión francesa de España - Guerras napoleónicas
Belixerantes
Aliados

Reino de España
Reino Unido
Reino de Portugal
Bonapartistas

Francia Primeiro Imperio francés
España napoleónica
Líderes
Francisco Castaños
El Empecinado
José de Palafox
Gregorio de la Cuesta
Joaquín Blake
Miguel Álava Esquivel
Arthur Wellesley
John Moore
William Beresford
Bernardino Freire
Francia Xosé I Bonaparte
Francia Napoleón I Bonaparte
Francia Jean de Dieu Soult
Francia André Masséna
Francia Louis Gabriel Suchet
Francia Joseph Mortier
Francia Michel Ney

A guerra da Independencia española, tamén coñecida coma francesada[1], guerra do francés[2] ou guerra contra o francés,[3] foi o conflito armado que, entre 1808 e 1814 sacudiu a Península Ibérica como consecuencia da entrada das tropas napoleónicas en España co pretexto de invadir Portugal. O Levantamento do 2 de maio contra os invasores foi espontáneo e popular e iniciouse o 2 de maio de 1808, cando o alcalde de Móstoles, Andrés Torrejón, redacta un bando no que insta a poboación a levantarse en armas para socorrer o rei Fernando VII, que estaba retido por Napoleón Bonaparte. Esta guerra está dentro do contexto de guerras napoleónicas.

Antecedentes

[editar | editar a fonte]
Estatua en Santander en honor do capitán de Pedro Velarde, heroe da guerra da Independencia morto durante o levantamento do 2 de maio de 1808.

Durante os últimos anos do século XVIII e primeiros anos do século XIX, Napoleón gobernaba España da forma que el quería, amparándose na debilidade dos reis e ministros do país. Con todo, no final do ano 1807, Napoleón decidiu que a monarquía de Carlos IV era de escasa utilidade e que sería máis propicio a creación dun estado satélite. Aproveitando os sucesos derivados do Motín de Aranjuez e o feito de que as tropas francesas xa ocuparan o norte de España, Napoleón fixo que a coroa española caese nas mans de seu irmán Xosé I (abdicacións de Baiona).

Coa situación de parálise borbónica, o pobo ponse en loita contra o invasor dirixido por notables locais. Desta forma, únense nun bloque para deslexitimar un cambio dinástico, e comezar a loita pola "independencia".

Co levantamento popular do 2 de maio (Madrid 1808), ponse de manifesto a separación entre o pobo e o goberno instaurado por Napoleón. Son: a ausencia do rei Fernando VII (de quen se cre que está secuestrado), resentimento contra a presenza militar francesa, a represión do 3 de maio, as gotas que colman o vaso e fan perder a lexitimidade ao poder central e a representación popular por medio das xuntas rexionais.

A guerra pola independencia

[editar | editar a fonte]

Tralo levantamento do 2 de maio, a Xunta Suprema do Reino de Galicia, a Xunta Suprema do Reino de Sevilla e outras Xuntas constituídas en diversas provincias do Reino proclámanse soberanas contra o poder central en principio lexítimo (Fernando VII esixiu abandonar España en obediencia aos franceses), envía embaixadas a Inglaterra e declaran a guerra a Francia. Estas Xuntas de contado se fusionarían para formar a Xunta Suprema Central (25 de setembro de 1808, a cal acumulou os poderes executivo e lexislativo españois durante a ocupación napoleónica de España; esta xunta suprema central, a partir de 1810, pasaría a chamarse Consello de Rexencia de España e Indias.

Unha das primeiras Xuntas provinciais formadas no final do mes de maio foi a do Principado de Asturias que, o 24 de maio de 1808, declara formalmente a guerra a Francia. Como resposta a este comunicado, as autoridades envían ao Principado un batallón do Rexemento de Hibernía e un escuadrón de Carabineiros dende Bilbao e Valladolid para apagar a rebelión dos asturianos, aínda que sen éxito. A sublevación dos asturianos é secundada polo resto das xuntas; (Cantabria o 27, Galicia o 30, León o 1 de xuño etc.) e isto significará un grave revés para os desexos de Napoleón de levar a cabo unha conquista pacífica (xa que ten poucos custos).

Napoleón esixe aos xenerais que eliminen a resistencia, pero os resultados non son os esperados. A vitoria de Bessiers na batalla de Medina de Rioseco non acaba coa rebelión do sitio de Zaragoza que axiña se estende a Logroño. En Cataluña, as tropas francesas son derrotadas dúas veces na batalla del Bruc, mentres que a sublevación de Xirona corta as subministracións. En Andalucía o xeneral Dupont sofre unha derrota na batalla de Bailén fronte as tropas do xeneral Castaños. A causa deste triunfo foi desaloxar Madrid e fixo soñar coa marcha definitiva dos franceses. Ao mesmo tempo, Gran Bretaña ve abrirse unha nova fronte, (inesperada), na súa guerra contra Francia.

Porén, Napoleón intervén directamente, dirixindo un exército de 250.000 homes. Trátase dun exército veterano, acostumado a movementos rápidos e a vivir sobre o terreo, e que derrota rapidamente a resistencia española e os exércitos ingleses desembarcados na península. Despois da entrada do emperador en Madrid, tras a batalla de Somosierra (30 de novembro de 1808) e a derrota da batalla de Ocaña (novembro de 1809), a Xunta Xeral abandona a meseta para refuxiarse primeiro en Sevilla, despois en Cádiz. Dende aí asiste á toma de Andalucía e Valencia. Soamente Murcia e Huelva, con Cádiz, quedan independentes.

A guerra de guerrillas

[editar | editar a fonte]
Véxase tamén: Guerra de guerrillas.

Sen un exército co que combater ante os franceses, os españois inventan un sistema novo para loitar, a guerra de guerrillas, como único modo de desgastar e estorbar aos franceses. Trátase de grupos de pouca xente, coñecedores do terreo que pisan, e que danan o inimigo con rápidos golpes, para espallarse rapidamente e perderse polos montes. Grazas a estas tácticas, o dominio francés está soamente nas cidades. O propio Napoleón recoñece a inestabilidade cando, en contra da vontade do seu irmán (teórico rei de España), pon baixo goberno francés os territorios da marxe esquerda do Ebro, creando unha nova marca hispánica.

Esta guerra de independencia terá importantes repercusións no esforzo de guerra de Napoleón. Un aparente paseo militar transformábase nunha situación na que centos de unidades, preciosas para loitar na campaña contra Rusia, morrían nos ataques. A situación era en calquera caso tan inestable, que calquera retirada de tropas podía producir un desastre de mortes súbitas, como o que ocorreu en xullo de 1812. Nesta data o Duque de Wellington, á fronte dun exército angloportugués e dende Portugal, derrota os franceses, primeiro na batalla de Ciudad Rodrigo e logo na batalla de Arapiles, expulsando os franceses ao oeste e ameazando Madrid: José Bonaparte retírase a Valencia. Aínda que os franceses contraatacan e o rei volve para Madrid en novembro, unha nova retirada de tropas por parte de Napoleón tras a derrota en Rusia e en principios de 1813 permite ás tropas aliadas expulsar a José Bonaparte de Madrid e derrotar os franceses na batalla de Vitoria e na batalla de San Marcial, ao mesmo tempo en que Napoleón intenta protexer a fronteira até poder negociar con Fernando VII unha retirada. Nin os desexos dos españois, verdadeiros protagonistas da liberación, nin os intereses dos afrancesados que seguiran ao exilio a José, son tidos en conta nas negociacións.

Consecuencias

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Tratado de Valençay.

A firma do Tratado de Valençay polo que se devolvía o trono a Fernando VII O desexado, como monarca absoluto, foi un comezo dun tempo de desilusións para todos aqueles que creran que a loita contra os franceses era o comezo da "revolución española".

A guerra da Independencia en Galicia

[editar | editar a fonte]
Véxase tamén: Reconquista de Vigo.

Conmemoracións

[editar | editar a fonte]
Vázquez Varela presencia a toma francesa do Concello.
Recreación. Os protagonistas da Reconquista de Vigo: Almeida (de uniforme verde, seguido por unha bandeira co escudo portugués); o abade de Valadares; Vázquez Varela; Cachamuíña cunha bandeira galega; unha muller viguesa e o mariñeiro Carolo cun machado na man.

En Vigo, celébrase a sublevación popular de 1809, chamada Reconquista, cun festivo local (28 de marzo) e unha ambientación desa época na zona antiga, organizados polo concello e as asociacións de veciños. Nesa semana, recréase teatralmente a Reconquista na Praza da Constitución, lugar da Casa do Concello naquela época e ó longo da Zona Antiga, que daquela estaba maioritariamente entre as murallas. Nela os actores e veciños escenifican os principais feitos que aconteceron naquela época.

Os principais personaxes representados son:

Os franceses retiráronse de Vigo en barco.

Os actos teatrais son recreación das crónicas da época:

  • a toma do Concello
  • o peche das murallas de Vigo
  • os altercados en tabernas entre os soldados franceses e a poboación local, ás veces con resultado en mortes
  • as viguesas entretendo os soldados invasores cos seus encantos e embebedándoos
  • a toma da Porta da Gamboa por parte dos locais, liderados por Carolo e as outras autoridades: neste lugar é onde Carolo morre fendendo a porta co seu machado, que despois recollería o capitán Cachamuíña para seguir abrindo a porta
  • a retirada en barco dos franceses

Debido a que a muralla de Vigo foi derrubada e os seus restos están soterrados baixo diversos lugares de Vigo (rúa Carral, A Laxe, Porta do Sol ou o propio concello), a Porta da Gamboa recréase cunha maqueta na rúa homónima.

Posteriormente, na retirada francesa para o interior da ría de Vigo, principiaríase combate na batalla de Ponte Sampaio, nas terras onde coinciden os concellos de Soutomaior e Pontevedra.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para francesada.
  2. Viveiro Mogo, Prudencio (2002). "Entre o vello e o novo: Administración liberal e Deputación Xeral do Reino de Galiza". Homenaje a José García Oro. Universidade de Santiago de Compostela. p. 357. 
  3. Hervella García, Gustavo (2016). "Canóns franceses". En Villares, Ramón. 100. Galicia cen: Obxectos para contar unha cultura (PDF). Santiago de Compostela: CCG. p. 181. ISBN 978-84-92923-71-7. A guerra contra o francés —máis adiante catalogada como guerra de Independencia— 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Artola, Miguel (1973): La burguesía revolucionaria (1808-1869). Historia de España Alfaguara V. Madrid: Alianza Editorial / Alfaguara. ISBN 84-206-2046-7.
  • Artola, Miguel (1977): La guerra de la indpendencia. Madrid: Espasa-Calpe. ISBN 978-84-670-2624-5.
  • Artola, Miguel (2008): La España de Fernando VII. Madrid: Espasa-Calpe. ISBN 978-84-670-2918-5.
  • Barreiro Fernández, Xosé Ramón (1981): Historia de Galicia. IV. Edade Contemporánea. Vigo: Galaxia. ISBN 84-7154-388-5.
  • Barreiro Fernández, Xosé Ramón (1982): Historia Contemporánea de Galicia. I. De la Guerra de la Independencia al Postfranquismo (1815-1893). A Coruña: Ediciones Gamma. ISBN 84-300-6423-0.
  • Barreiro Fernández, Xosé Ramón, coord. (2003): Historia de la Universidad de Santiago de Compostela. Siglo XIX. Volumen 2. Santiago: Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 84-9750-269-8.
  • Conde de Toreno (2008): Historia del levantamiento, guerra y revolución de España (1807-1814). Tomo I (1807-1808). Ed. de J. M. Martínez Valdueza. Astorga, León: Editorial Akrón. ISBN 978-84-936293-4-2.
  • Estrada Catoyra, Félix (1906): Historia de los ejércitos gallegos durante la Guerra de la Independencia. Santiago de Compostela: Tipografía de El Eco Franciscano (en castelán).
  • Estrada Catoyra, Félix (1978): Reseña de la reconquista de Vigo. Trabajo premiado en el Certamen Histórico-Literario promovido por el Excmo. Ayuntamiento de Santiago en el año 1909, Vigo: Grafinsa. Edición non venal patrocinada polo Banco Industrial de Bilbao (en castelán).
  • González López, Emilio (1975): El águila gala y el búho gallego. La insurrección gallega contra los franceses. Centro Gallego de Buenos Aires: Ediciones Galicia.
  • González López, Emilio (1977): El águila desplumada. Vigo: Castrelos. ISBN 84-7041-088-1.
  • González López, Emilio (1980). Historia de Galicia. Biblioteca Gallega. Serie Nova. A Coruña: La Voz de Galicia. ISBN 84-85287-22-3. 
  • López Morillo, Adriano (1910). "Un documento histórico poco conocido" Arquivado 08 de febreiro de 2018 en Wayback Machine. Boletín de la Real Academia Gallega 44.
  • Mullié, Charles (1982): Biographie des célébrités militaires des armées de terre et de mer de 1789 à 1850. París: Poignavant et Compagnie. Volume I en Gallica (en francés); Volume II en Gallica (en francés).
  • Muñoz Maldonado, José (1833): Historia política y militar de la Guerra de la Independencia contra Napoleón Bonaparte desde 1808 a 1814. Tomo I / escrita sobre los documentos auténticos del gobierno por el Dr. D. José Muñoz Maldonado. Madrid: Imprenta de D. José Palacios.Ler en PDF Biblioteca virtual del español.
  • Muñoz Maldonado, José (1833): Historia política y militar de la Guerra de la Independencia contra Napoleón Bonaparte desde 1808 a 1814. Tomo II / escrita sobre los documentos auténticos del gobierno por el Dr. D. José Muñoz Maldonado. Madrid: Imprenta de D. José Palacios. Ler en PDF Biblioteca virtual del español.
  • Muñoz Maldonado, José (1833): Historia política y militar de la Guerra de la Independencia contra Napoleón Bonaparte desde 1808 a 1814. Tomo III / escrita sobre los documentos auténticos del gobierno por el Dr. D. José Muñoz Maldonado. Madrid: Imprenta de D. José Palacios. Ler en PDF Biblioteca virtual del español.
  • Osuna Rey, Juan Manuel (2006): Los franceses en Galicia: Historia militar de la Guerra de Independencia en Galicia (1809). A Coruña. Fundación Pedro Barrié de la Maza. ISBN 84-0589-255-3.
  • Osuna Rey, Juan Manuel (2008): A Guerra da Independencia en Galicia. Santiago de Compostela: Edicións Lóstrego. ISBN 84-9356-963-1.
  • Palacio Atard, Vicente (1981): La España del siglo XIX. Madrid: Espasa-Calpe. ISBN 84-239-4959-1.
  • Portela Pazos, Salustiano (1964): La guerra de independencia en Galicia. Santiago de Compostela: Tipografía del Seminario.
  • Tettamancy Gastón, Francisco (1910): Batallón Literario de Santiago: Diario de campaña (años 1808 al 1812) A Coruña: Imprenta y Fotograbado de Ferrer.
  • Voltes, Pedro (1985): Ferrnando VII. Vida y reinado. Barcelona: Editorial Juventud. ISBN 84-261-2959-4.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]