Saltar ao contido

Batalla de Ocaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Parte de Guerra da Independencia española
Data
Lugar
Coordenadas 39°57′N 3°30′O / 39.950, -3.500
Resultado

Durante a guerra da Independencia española, a batalla de Ocaña librouse o 19 de novembro de 1809, cerca desa vila toledana, finalizando coa vitoria dos franceses mandados polo mariscal Jean-de-Dieu Soult, sobre os españois do xeneral Juan de Arizagua. Ao longo de todo o conflito, esta foi a maior derrota do exército español, que perdeu cerca de 19 000 homes, entre mortos, feridos, prisioneiros, contando mesmo os desertores, sobre un total de 51 000 homes. Tal resultado debeuse principalmente á brillante utilización da cabalaría francesa.

William Napier escribiu: "os españois chegaron ao trote, e Sebastiani deu instrucións a Paris, de arrodear e logo caer sobre o flanco dereito dos escuadróns, aproximándose cun rexemento de cabalaría lixeira e mais os lanceiros polacos, o que foi executado con gran forza, en particular polos polacos, o que provocou unha confusión considerable, tentando o xeneral español remedialo reagrupándose cara o flanco atacado".

As consecuencias estratéxicas desa derrota foron devastadoras, pois destruíuse a única forza capaz de defender o Sur de España. Así, esta rexión sería invadida ao longo do inverno, durante a denominada campaña de Andalucía.