Ofra Haza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaOfra Haza

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(he) עפרה חזה Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(he) בת שבע חזה Editar o valor em Wikidata
19 de novembro de 1957 Editar o valor em Wikidata
Hatikva Quarter, Israel (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte23 de febreiro de 2000 Editar o valor em Wikidata (42 anos)
Ramat Gan, Israel (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Doenza relacionada coa SIDA Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaYarkon Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeIsrael Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoYemenite Jews in Israel (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
RelixiónXudaísmo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantautora , pianista , actriz de cinema , actriz de teatro , xornalista , actriz de dobraxe , compositora , cantante Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1969 Editar o valor em Wikidata - 2000 Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoWorld music, folk-pop (pt) Traducir, Música mizrahi (pt) Traducir e música pop Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua hebrea e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
TesituraMezzosoprano Editar o valor em Wikidata

InstrumentoPiano e voz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoNMC (pt) Traducir
Hed Arzi Music (en) Traducir
CBS Editar o valor em Wikidata
Participou en
1983Festival de Eurovisión 1983 Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webofrahaza.org Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0371866 Youtube: UCiZg7Rni9hUdT1fKAOJrAIQ Spotify: 6tOL5L1TlmBLdFMeEoXgae iTunes: 748830 Last fm: Ofra+Haza Musicbrainz: 7591796a-a545-4b51-ba52-bf2539b90d99 Songkick: 397567 Discogs: 32388 Allmusic: mn0000458759 Find a Grave: 7505178 Deezer: 64132 Genius: Ofra-haza Editar o valor em Wikidata

Ofra Haza (en hebreo עפרה חזה), nada en Tel Aviv o 19 de novembro de 1957 e finada en Ramat Gan o 23 de febreiro de 2000, foi unha cantante mezzo-soprano [1] israelí que alcanzou unha gran popularidade en Israel e en todo o mundo cunha peculiar mestura da música tradicional dos xudeus iemenís e o pop.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia de xudeus orixinarios do Iemen que emigraran a Israel. Aos doce anos uniuse ao grupo de teatro do barrio Hatikvah, ao sur de Tel Aviv. Tras servir durante dous anos no exército israelí, gravou o seu primeiro disco en solitario, co que obtivo gran popularidade en Israel. Ao longo da súa carreira, conseguiu 16 discos de ouro e platino. Cantou en hebreo, árabe, arameo e inglés, entre outras linguas como o español.[2]

En 1983 participou no Festival de Eurovisión, e obtivo o segundo posto coa canción Chai, o que lle proporcionou fama internacional. Dous anos despois publicou internacionalmente o seu disco Yemenite Songs, baseado nos poemas do rabino Shalom Shabazi. En 1988 a súa canción Im Nin'alu, do mencionado disco, alcanzou un grande éxito en Alemaña. Co álbum Kyria (1992) obtivo un nomeamento para os Premios Grammy. Interveu en numerosas bandas sonoras. Para a película de animación The Prince of Egypt, interpretou o tema Deliver Us (Libéranos) non só na versión orixinal en inglés, senón tamén en 18 das dobraxes internacionais da película, incluíndo as dúas versións en español diferenciando o acento ibérico e o latinoamericano (para o mercado de América Latina).

En 1992, colaborou facendo os coros con The Sisters of Mercy na canción Temple of Love. A colaboración de Ofra Haza, permitiu que dita canción colocásese en primeiros postos de listas de venda. Foi un dos vídeos máis vistos en MTV no ano 1992.

En 1994, a petición de Isaac Rabin, actuou na cerimonia de entrega do Premio Nobel da Paz.

A súa canción Im Nin 'Alu apareceu na BSO do videoxogo Grand Theft Auto Liberty City Stories.

Morreu, probablemente de pneumonía e un fallo multiorgánico complicado pola SIDA, o 23 de febreiro de 2000, aínda que as circunstancias da súa morte non foron confirmadas pola familia. Morreu no Sheba Medical Center da cidade de Ramat Gan.[3]

Discografía selecta[editar | editar a fonte]

Ofra Haza nos actos de celebración do 50 aniversario da independencia de Israel.
  • 1974 - Ahava rishona (+ Shejunat Hatikva Workshop Theatre)
  • 1976 - Vejuts mizé hakol beseder (+ Shejunat Hatikvah Workshop Theatre)
  • 1977 - Atik noshan (+Shejunat Hatikvah Workshop Theatre)
  • 1979 - Shir hashirim beshaashuim (+ Shechunat Hatikvah Workshop Theatre)
  • 1980 - Al ahavot shelanu
  • 1981 - Bo nedaber
  • 1982 - Pituyim
  • 1982 - Liyeladim
  • 1983 - Hai
  • 1983 - Shirey moledet 1
  • 1984 - Bayt ham
  • 1984 - Shirey Teyman/Yemenite Songs
  • 1985 - Adamah
  • 1985 - Shirey Moledet 2
  • 1986 - Yamim Nishbarim
  • 1987 - Shirey Moledet 3
  • 1987 - Álbum HaZahav (Golden Album)
  • 1988 - Shaday
  • 1988 - Yemenite Love
  • 1988 - Fifty Gates Of Wisdom
  • 1989 - Desert Wind
  • 1992 - Kirya
  • 1992 - The Sisters of Mercy- Temple of Love(con Ofra Haza)
  • 1993 - Oriental Nights
  • 1993 - And One - Friend Of Stars (Voice Ofra Haza)
  • 1994 - Kol Haneshama
  • 1995 - Queen in Exile
  • 1997 - Ofra Haza
  • 1998 - At Montreux Jazz Festival (Live 1990)
  • 2000 - Greatest Hits vol.1
  • 2001 - HTV Music History
  • 2004 — Greatest Hits vol.2/Bemanginat Halev (Melody Of The Heart)
  • 2008 — Forever Ofra Haza - Her Greatest Songs Remixed

Recompilacións[editar | editar a fonte]

  • Ofra Haza Greatest Hits Vol.1 (3 CD) (2000)
  • Ofra Haza Greatest Hits Vol.2 (3 CD) (2004)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pareles, Jon (24 de febreiro de 2000). "Ofra Haza, 41, Israeli Pop Singer Who Crossed Cultural Bounds". The New York Times (New York, USA). Consultado o 28 de xullo de 2011. 
  2. Linde, Steve; Yeffet, Hod (13 de decembro de 2009). "Ofra - the musical". The Jerusalem Post. Consultado o 24 de setembro de 2015. For that movie, she sang the theme song Deliver Us in English and no less than 17 other languages, including Hebrew,... 
  3. Sontag, Deborah (29 de febreiro de 2000). "A Pop Diva, a Case of AIDS and an Israeli Storm". The New York Times. Consultado o 23 de febreiro de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
"Hora"
Avi Toledano

Israel no Festival de Eurovisión

1983
Sucesor:
"Olé, Olé"
Izhar Cohen