Joaquin Phoenix
Joaquin Rafael Phoenix, nado Joaquin Rafael Bottom o 28 de outubro de 1974 en San Xoán (Porto Rico), é un actor e músico estadounidense. Irmán de River Phoneix e Summer Phoenix.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Viviu en Porto Rico os primeiros catro anos da súa vida ata que coa súa familia marchou ós Estados Unidos, onde se educou, tamén viviu en México e outros países americanos debido ós frecuentes traslados da súa familia, unha familia de artistas.
Como actor fíxose coñecido polas interpretacións de Cómodo en Gladiator e Johnny Cash en Walk the Line, tamén dirixiu vídeos musicais de bandas como Ringside, She Wants Revenge, People in Planes, Arckid, Albert Hammond Jr. e Silversun Pickups, produciu filmes e programas para a televisión como 4Real, e gravou un álbum, a banda sonora de Walk the Line, co que gañou un Premio Grammy.
Filmografía
[editar | editar a fonte]| Ano | Filme | Papel | Notas |
|---|---|---|---|
| 1984 | Backwards: The Riddle of Dyslexia | Robby Ellsworth | |
| 1985 | Kid's Don't Tell | Frankie | |
| 1986 | SpaceCamp | Max | Nos créditos como Leaf Phoenix |
| 1987 | Russkies | Danny | Nos créditos como Leaf Phoenix |
| 1989 | Parenthood | Garry Buckman | |
| 1995 | To Die For | Jimmy Emmett | |
| 1997 | U Turn | Toby N. Tucker a.k.a. TNT | |
| Inventing the Abbotts | Doug Holt | ||
| 1998 | 8mm | Max California | |
| Clay Pigeons | Clay Bidwell | ||
| Return to Paradise | Lewis McBride | ||
| 2000 | The Yards | Willie Gutierrez | |
| Quills | Abbé de Coulmier | ||
| Gladiator | Cómodo | ||
| 2001 | Buffalo Soldiers | Ray Elwood | Nominated — British Independent Film Award |
| 2002 | Signs | Merrill Hess | |
| 2003 | Brother Bear | Kenai | Voz |
| It's All About Love | John | ||
| 2004 | Ladder 49 | Jack Morrison | |
| The Village | Lucius Hunt | ||
| Hotel Ruanda | Jack Daglish | ||
| 2005 | Walk the Line | Johnny Cash | |
| 2006 | Earthlings | Narrador | |
| 2007 | We Own the Night | Bobby Green | Tamén produtor |
| Reservation Road | Ethan Learner | ||
| 2008 | Two Lovers | Leonard | |
| 2010 | I'm Still Here | El mesmo | Tamén produtor e guionista |
| 2012 | The Master | Freddie Sutton | |
| 2012 | Her |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Joaquin Phoenix |
- Actores de cinema dos Estados Unidos de América
- Actores infantís dos Estados Unidos de América
- Actores de televisión dos Estados Unidos de América
- Actores de Porto Rico
- Nados en 1974
- Nados en Porto Rico
- Produtores de cinema dos Estados Unidos de América
- Estadounidenses de ascendencia inglesa
- Estadounidenses de ascendencia alemá
- Óscar ó mellor actor