Xenxis Kan

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Genghis Khan»)

Xenxis Kan
Gran Kan
Genghis Khan.jpg

Reinado1206 a 18 de agosto de 1227
Coroación1206
Outros títulosKhaqan
Nacementoca. 1162
Dulun-Boldak (monte Burkhan Khaldun)
noroeste de Mongolia
Falecemento18 de agosto de 1227
Yinchuan (Provincia de Ningxia)
centro-norte da China
SucesorOgodei Kan
ConsorteBorte
DescendenciaJochi
Chagatai
Ogodei
Tolui
Casa realBorjigin
ProxenitoresYesügei
Oelón-Eké

Na rede
WikiTree: Khan-12
Mapa mostrando o dominio de Xenxis Kan (en laranxa) no século XIII

Xenxis Kan[1] (en mongol: Чингис Хаан /ʧiŋgɪs χaːŋ/), O Señor de Toda a Terra, nado en 1155, 1162 ou 1167 e finado o 18 de agosto de 1227, foi un guerreiro e conquistador mongol que unificou ás tribos nómades desta etnia do norte de Asia, fundador e primeiro Gran Khan do Imperio mongol, considerado o imperio máis grande da historia. Baixo o seu liderado como Gran Khan, os mongois comezaron unha serie de conquistas que estendeu o seu dominio a un vasto territorio, desde Europa Oriental ata o océano Pacífico, e desde Siberia ata Mesopotamia, a India e Indochina. Na primeira fase desta expansión, as hordas mongolas conquistaron importantes reinos de Asia, como o Imperio Jin do norte da China (1211-1216), o Imperio tangut, o khanato de Kara-Khitai, o Imperio corasmio ou a dinastía Song no sur da China.

Os seus excepcionais éxitos militares converteron a Xenxis Kan nun dos conquistadores máis importantes de todos os tempos e, ao final da vida do gran khan, o Imperio mongol ocupaba unha parte substancial da Asia Central e China.[2] Xenxis Kan e a súa historia de conquista teñen unha temible reputación nas historias locais.[3] Moitos cronistas medievais e historiadores modernos describen as conquistas de Xenxis Kan como unha destrución total a unha escala sen precedentes que conduciu a unha diminución drástica da poboación nalgunhas rexións como resultado tanto dos exterminios masivos como da fame negra. As estimacións do número de persoas que morreron como consecuencia das campañas militares de Xenxis Kan van desde uns catro millóns nas estimacións máis conservadoras ata sesenta millóns nos relatos históricos máis liberais.[4][5][6] Doutra banda, o reino budista uigur de Qocho, por exemplo, víao como un liberador e abandonou voluntariamente o imperio Qara Khitai para converterse en vasalos mongois. Xenxis Kan tamén foi retratado benéficamente por fontes do Renacemento temperán por respecto á gran difusión da cultura, a tecnoloxía e as ideas ao longo da ruta da seda baixo o Imperio mongol.

Máis aló dos seus éxitos militares, os logros civís de Xenxis Kan incluíron o establecemento da lei mongola e a adopción do alfabeto uigur como sistema de escritura nos seus vastos territorios. Tamén practicou a meritocracia e a tolerancia relixiosa. Os mongois actuais considérano o pai fundador de Mongolia por unificar as tribos nómades do nordés de Asia.[7] Ao poñer a ruta da seda baixo unha contorna política cohesiva, tamén facilitou considerablemente a comunicación e o comercio entre o nordés de Asia, o suroeste asiático musulmán e a Europa cristiá, impulsando o comercio global e expandindo os horizontes culturais de todas as civilizacións euroasiáticas da época.[8]

O seu nacemento está rodeado de lendas xamánicas sobre a chegada dun lobo cincento que devoraría toda a terra. Aínda novo, enfrontouse á repulsa da súa familia polo seu propio clan, mais volvería para conquistar o seu liderado, vencer os seus rivais de clans distintos e unificar os pobos mongois baixo o seu mando. Estratego brillante, con hábiles arqueiros montados á súa disposición, vencería a Gran Muralla da China e conquistaría o norte daquel país e estendería o seu imperio cara ao oeste. Xenxis morrería antes de ver o seu imperio alcanzar a súa extensión máxima, mais comezaría unha dinastía de conquistadores que chegou a construír un imperio de trinta e tres millóns de quilómetros cadrados, do océano Pacífico ao mediterráneo ou Índico.

Nome e títulos[editar | editar a fonte]

Temujin[editar | editar a fonte]

Segundo A historia secreta dos mongoles, o nome de nacemento de Xenxis Kan era Temüjin ᠲᠡᠮᠦᠵᠢᠨ (en mogol) 鐵木真 (en chinés); que procedía do xefe tatar Temüjin-üge, a quen o seu pai acababa de capturar.

O nome Temüjin tamén se equipara co turco-mongol temürči(n), "ferreiro", e existía unha tradición que consideraba a Xenxis Kan como un ferreiro, segundo Paul Pelliot, que, aínda que infundada, estaba ben establecida a mediados do século XIII.[9][10]

Xenxis Kan[editar | editar a fonte]

Xenxis Kan é un título honorífico que significa "gobernante universal" e que representa unha ampliación do título preexistente de Khan, utilizado para designar a un xefe de clan en mongol. Crese que o apelativo de "Xenxis" ao termo deriva da palabra túrquicas "tengiz", que significa mar, o que fai que o título honorífico sexa literalmente "gobernante oceánico", pero entendido de forma máis ampla como unha metáfora da universalidade ou totalidade do goberno de Temüjin desde unha perspectiva mongola.[11][12]

Non existe un sistema normalizado de transliteración dos nomes orixinais en mongol ao galego; hoxe en día séguense utilizando moitos sistemas diferentes, o que dá lugar a grafías modernas que a miúdo difiren considerablemente da pronuncia orixinal.[13] En última instancia, o honorífico máis comunmente deletreado Xenxis Kan deriva do mongol autóctono ᠴᠢᠩᠭᠢᠰ ᠬᠠᠭᠠᠨ (t͡ʃʰiŋɡɪs xaːŋ). Desta orixe derivou o chinese 成吉思汗 e o persa: چنگیز خان; Čəngīz H̱ān. Como o árabe carece dun son similar a "Č", os escritores que utilizan este idioma transliteran o nome a Şıñğıs xan or Cənġīz H̱ān.[14] En inglés moderno, as grafías máis comúns son Chinggis, Chingis, Jinghis, e Jengiz, ademais da dominante Genghis.[9][15]

Templo e nomes póstumos[editar | editar a fonte]

Cando o neto de Xenxis, Khublai Khan, estableceu a dinastía Yuan en 1271, outorgou ao seu avó o nome de templo[n. 1] Taizu (太祖, que significa "Proxenitor Supremo") e o nome póstumo Shengwu huangdi (chinés: 聖武皇帝, que significa "Emperador Sacro-Marcial"). Máis tarde, Külüg Khan ampliou este título a Fatian Qiyun Shengwu Huangdi (法天啟運聖武皇帝, que significa "Intérprete da Lei Celestial, Iniciador da Boa Fortuna, Emperador Sacro-Marcial").[16][17]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Temüjin naceu na década de 1160, probabelmente en 1161, na Mongolia. Suponse que era descendente dun líder mongol coñecido como Kabul Khan, do clan Bojigin, que por breves anos obtivo control sobre unha Mongolia unificada. Mentres, na época do nacemento de Temüjin, os mongois estaban divididos en diversas tribos e clans, cada unha gobernada por un Khan, ou "Señor", que se impuña máis pola forza que pola descendencia nobre. Con Temüjin non sería diferente. O seu pai, Yesügei, foi envelenado por membros da tribo dos tártaros cando o rapaz tiña 9 anos de idade. O resto da familia foi abandonada polo seu propio clan e forzada a sobrevivir nas estepas sen gando nin cabalos.

Aparentemente, a familia de Temüjin recuperou a súa fortuna a través de doazóns de clans solidarios.

Ascenso[editar | editar a fonte]

Temüjin probabelmente fora adestrado como arqueiro montado aínda moi novo, como era común entre os cativos dos mongois. Ao asegurar unha posición de caudel entre clans amigábeis, emprendeu unha campaña contra da tribo Merkit, que raptara a súa noiva Bortei. Temüjin atacou ós guerreiros Merkit un a un ata derrotar a todo o clan. Levou a Bortei de volta, e ao carón dela viviría ata a súa fin.

Neste intre, Temüjin xa era coñecido e respectado, e, como de praxe entre os nómades mongois, foi nomeado caudel de diversas tribos distintas polo seu valor coma guerreiro. Cun exército respectable á disposición, Temüjin consolidou o seu dominio sobre tribos rivais conquistándoas e eliminando os seus inimigos, moitas veces con crueldade. No 1206, unha asemblea entre os xefes de todas as tribos das estepas proclamou a Temüjin, con 45 anos, como Xenxis Kan, o Khan dos Khans.

Xenxis estableceu un sistema de goberno e leis para impor orde aos nómades, ata entón independentes e belicosos entre si. Na práctica, a lealdade á figura de Xenxis Kan era o punto de equilibrio de toda a nación. Creouse unha xerarquía administrativa e militar, e un exército foi adestrado e organizado.

Conquistas[editar | editar a fonte]

No 1207, os mongois foron forzados a expandir o seu territorio de pasto debido a problemas climáticos nas estepas, e conquistaron o reino tangut de Hsi Hsia. De seguido, atravesaron a Grande Muralla e chegaron á China, reino que estaba dividido entre as dinastías Xin, ao norte, e Song ao sur. As vastas plantacións de arroz e a riqueza da cidade atraeron a atención de Xenxis en canto á posibilidade de se tornar señor da China. Na conquista do reino Xin, Xenxis Kan recrutou un rapaz chinés chamado Yeh-lu Ch'u-ts'-ai como conselleiro persoal. A súa influencia tornou a Xenxis máis tolerante e menos agresivo na batalla, estimulándoo a evitar esforzos esaxerados na guerra e a conserva-las terras cultivadas en canto de transformalas en pastos.

Xenxis, despois do ataque inicial aos Xin, retirouse á Mongolia, namentres os seus xenerais se encargaban de establece-lo seu dominio na China Xin. No 1218, un accidente diplomático provocou a xenteira de Xenxis sobre o reino turco de Khwarizm, no norte da Persia. O Khan cabalgou á fronte de máis de 200 mil homes e preto de 10 mil máquinas de asedio adquiridas dos chineses. Houbo poucas batallas campais, e os mongois emprenderon guerras de cerco ás cidades fortificadas da Persia, que capitularon unha a unha. Algunhas, coma Bukhara e Samarkanda tornaríanse, no futuro, espellos afastados da presenza mongol no suroeste da Asia. A vella cidade de Nishapur foi arrasada, e mesmo nin os animais alí sobreviviron ao ataque mongol.

As perdas humanas en Khwarizm contábanse por milleiros. Xenxis e mailos seus xenerais impuñan castigos brutais aos inimigos. A proximidade da Persia coa Europa xerou a fama de salvaxismo dos mongois, que asolaría o continente nas décadas seguintes.

No 1227, mentres os xenerais de Xenxis conquistaban os territorios ó sur da Rusia e na Ucraína, o Gran Khan foi forzado a volver ás estepas para conter unha revolta de Hsi Hsia, que recusara a convocatoria á campaña contra Khwarizm. Despois de vencer os tangutes, Xenxis Kan morreu dunha febre alta.

Legado[editar | editar a fonte]

Denantes da súa morte, Xenxis estableceu o seu fillo, Ogodei, coma o seu sucesor. Ogodei encargouse de expandir o territorio mongol ao máximo, da Siria á Indochina, da Persia á Siberia, da Hungría á China. Posteriormente, o grande imperio sería dividido en catro partes, entre fillos e netos de Xenxis, porén ningún destes novos reinos, ou khanatos, tería unha existencia longa.

No inicio do Século XIV, Timur, o Coxo, alegando ser descendente de Xenxis Kan, tornaríase o Khan dun breve imperio mongol que abarcaría toda a Mesopotamia, a Persia, o Afganistán, o Paquistán e o norte da India. Aínda nese século, os tártaros rexurdirían, inspirados polas conquistas de Xenxis, para toma-lo territorio do disolto Khanato da Horda Dourada, na Rusia. Varias rebelións mongois máis, de menor importancia, terían lugar nos séculos seguintes, mais o medio de vida nómade e a incapacidade de establecer unha industria de armamento axiña tornaría ós hábiles cabaleiros montados en obsoletos perante ás novas artillarías dos países veciños.

Na Mongolia actual, Xenxis Khan é considerado o heroe máximo e o pai daquela nación, cuxo culto á imaxe xamais se deixou borrar, mesmo durante o réxime comunista.

A continuación móstrase a árbore xenealóxica cos principais membros da dinastía Timúrida Yuan genealogy.png

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Xenxis Kan". Diciopedia do século 21 III. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 2220. 
  2. Weatherford, Jack (2016-10-25). Genghis Khan and the Quest for God: How the World's Greatest Conqueror Gave Us Religious Freedom. Penguin. ISBN 978-0-7352-2116-1. 
  3. Ian Jeffries (2007). Mongolia: a guide to economic and political developments. Taylor & Francis. pp. 5–7. ISBN 0-415-42545-X.
  4. Lane 2004, pp. 29–41.
  5. Lary (2012), p. 53
  6. "Twentieth Century Atlas – Historical Body Count". necrometrics.com (en inglés). Consultado o 19 de marzo do 2023. 
  7. "Genghis Khan" (en inglés). North Georgia College and State University. Arquivado dende o orixinal o 2010-03-06. Consultado o 2010-01-26. 
  8. "Mongol empire – The Golden Horde". Encyclopædia Britannica (en inglés). Consultado o 19 de marzo do 2023. 
  9. 9,0 9,1 Bawden 2022, § "Introduction".
  10. Denis Sinor (1997). Studies in Medieval Inner Asia. p. 248. 
  11. Cartwright, Mark (16 de setembro de 2019). "Definition:Genghis Khan". World History Encyclopedia. Consultado o 19 de marzo do 2023. 
  12. ЧИНГИСХА́Н Arquivado 20 de xuño de 2022 en Wayback Machine. — Big Russian Encyclopedia, 2010
  13. Ratchnevsky 1991, pp. x–xi.
  14. Pelliot 1959, p. 281.
  15. Morgan 1990.
  16. Porter 2016, p. 24.
  17. Fiaschetti 2014, pp. 77–82.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Erro no código da cita: As etiquetas <ref> existen para un grupo chamado "n.", pero non se atopou a etiqueta <references group="n."/> correspondente