Cronoloxía
Cronoloxía (do grego antigo χρόνος chrónos, 'tempo', 'época determinada', 'período', e -λογία -logía —de λόγος lógos, 'palabra', 'expresión', 'estudo'—) é a actividade cuxa finalidade é determinar a orde temporal dos acontecementos históricos; forma parte, por tanto, da disciplina da historia.
Non hai suceso na historia que non xurda doutros que o precederan e que non chegue a ser a orixe doutros máis ou menos importantes.
Todas as grandes civilizacións adoptaron diversos métodos de cronoloxía, utilizando o curso dos corpos celestes, para medir o tempo. O maior ou menor acerto desta operación dependeu do maior ou menor adianto do pobo respectivo nos coñecementos astronómicos. Tamén influíu no cómputo dos días, meses e anos, a relixión, os historiadores e até os hábitos políticos e civís dos pobos. Non é, por tanto, de estrañar que resultaran métodos moi diferentes.
O concepto cronoloxía tamén se utiliza noutras áreas do coñecemento para relatar feitos.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
- Era
- Cronoloxía da Grecia antiga
- Cronoloxía das principais cidades da historia
- Cronoloxía de Dragon Ball
- Cronoloxía de reis de Asiria
- Cronoloxía do Antigo Oriente Próximo
- Cronoloxía do franquismo
- Cronoloxía do Universo
- Cronoloxía dos Presidentes dos Estados Unidos de América
|
|