Fernando Villapol Parapar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fernando Villapol Parapar
Fernando Villapol Parapar en Ribadeo, 2022
Nacemento26 de febreiro de 1953
Lugar de nacementoSantiso de Abres
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescultor
FillosSonia Villapol Salgado
editar datos en Wikidata ]

Fernando Villapol Parapar, nado en Santiso de Abres (Asturias) o 26 de febreiro de 1953, é un museólogo e crítico de arte, pero máis coñecido como escultor contemporáneo galego.​[1] Casado coa profesora María Antonia Salgado,[2] son pais da científica Sonia Villapol,[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Rei e Raíña da noite, en madeira de castiñeira, 1998.
Rei e Raíña da noite, en madeira de castiñeira, 1998.
Pensamentos no vértice, mármore, 2002.
Pensamentos no vértice, mármore, 2002.

Ten desenvolvido o groso da súa vida e traballo en Bretoña (Terra Chá, Lugo). Fundou o Museo Etnográfico-Pedagóxico Villapol en Bretoña. Estudou na Escola Superior de Arte e Deseño Ramón Falcón en Lugo, aínda que considérase autodidacta. Atribúe moitos dos seus coñecementos ás súas viaxes e investigacións escultóricas a traverso de países como Cuba, Canadá, Dinamarca, Francia, Grecia, Italia, Noruega, Portugal, Suecia ou varios de África.

As súas esculturas teñen como base gran variedade de materiais, como o metal (ferro, bronce), madeira (castiñeiro, carballo, teixo) ou pedra (mármore, granito).

A definición que se fai do seu traballo nas críticas apuntan ás súas esculturas como combinación de realismo, surrealismo e Abstracción. El mesmo afirma terse inspirado en Diego Velázquez, Urbano Lugrís, Eugenio Granell e Salvador Dalí. Recente é a suxestión de ser definido por unha fusión das tres categorías citadas: REalismo + ABstractismo + SUrrealismo.

Fernando Villapol (centro) na presentación do seu libro 'ciencia e conciencia. Historia social', con Francisco J. Campos (á esquerda, presentador) e X. Brais (á dereita, representante da Deputación)
Fernando Villapol (centro) na presentación do seu libro 'ciencia e conciencia. Historia social', con Francisco J. Campos (á esquerda, presentador) e X. Brais (á dereita, representante da Deputación).

Como crítico, ten producido artigos en diversos campos, publicando ademais en 2022 o libro Ciencia e conciencia. Historia social (editado pola Deputación de Lugo), onde fai unha análise da historia da familia Villapol dende a Idade Media.

Museo Etnográfico-Pedagóxico[editar | editar a fonte]

Fernando Villapol na entrada da súa casa en Bretoña
Fernando Villapol na entrada da súa casa en Bretoña

O Museo Etnográfico-Pedagóxico está localizado en Bretoña. Foi fundado por Villapol, inaugurado no 2002​.[4] Contén un amplo contido de obras de arte contemporánea e pezas da etnografía rural galega. Amósase a evolución de varios oficios da Galicia rural nas pasadas décadas: zoqueiro, panadero, carpinteiro, zapateiro, cesteiro ou agricultor. Asemade, unha representación recrea unha escola rural unitaria, instrumentos dun médico rural, dun dentista, ou dun químico, sempre no marco do século XIX. Tamén expón manuscritos orixinais de autores como Otero Pedrayo, Vicente Risco, Bouza Brey, Antón Fraguas, Iglesia Alvariño, Camilo Barcía Trelles ou Castroviejo, así como unha colección de pinturas de artistas contemporáneos: Urbano Lugrís, Laxeiro, Castro Gil, Mariano García Patiño ou Mayor Balboa. Outra das coleccóns inclúe máis de 2000 sifóns orixinais.

Obra literaria[editar | editar a fonte]

Coleccións públicas[editar | editar a fonte]

Selección de exposicións individuais[editar | editar a fonte]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "O escultor Villapol". 27/10/2007. Consultado o 17/5/2022. 
  2. Connversa mantida en Bretoña con Fernando Villapol e a súa dona o 23 de maio de 2022.
  3. Dato citado na presentación do libro 'Ciencia e conciencia. Historia social' de Fernando Villapol en Ribadeo, o día das letras galegas de 2022.
  4. 4,0 4,1 culturagalega.org (2002-08-21). "O museo de Fernando Villapol". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2022-05-17. 
  5. "Proxecto Abertal, 99 artistas lucenses do século XXI / Rede Museística provincial de LUGO". redemuseisticalugo.org (en castelán). Consultado o 2022-05-17. [Ligazón morta]
  6. "Museos de Galicia". museos.xunta.gal. Consultado o 2022-05-17. 
  7. "Fernando villapol Paradar". www.ribadavia.net. Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2012. Consultado o 2022-05-17. 
  8. "Fernando Villapol en la USEK". archive.ph. 2013-02-13. Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2013. Consultado o 2022-05-17. 
  9. ":: Canal Rías Baixas · TVSB :: O canal dixital da túa comarca - O escultor Fernando Villapol expón en Cambados baixo a man de Martin Codax". web.archive.org. 2011-07-08. Archived from the original on 08 de xullo de 2011. Consultado o 2022-05-17. 
  10. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2012. Consultado o 17 de maio de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]