Sonia Villapol Salgado
Sonia Villapol Salgado | |
---|---|
Nacemento | 8 de maio de 1977 |
Bretoña | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela e Universidade Autónoma de Barcelona |
Ocupación | neuróloga e investigadora |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Sonia Villapol Salgado, nada en Bretoña (A Pastoriza) o 8 de maio de 1977, é unha neurocientífica galega. Traballa no Texas Medical Center de Houston, onde é investigadora principal e profesora no Center for Neuroregeneration no Methodist Hospital Research, en Estados Unidos.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou na Universidade de Santiago de Compostela, acadando a licenciatura en Bioloxía con especialidade en Bioloxía Molecular e Biotecnoloxía en 2003. Posteriormente se trasladou a Barcelona onde realizou un máster en Neurociencia e comezou os estudos de doutoramento no departamento de Biología Cellular, Fisiología i Inmulogía da Universitat Autònoma de Barcelona (UAB). No ano 2007, defendeu a súa tese que trataba sobre os mecanismos da morte celular que ocorren no cerebro, obtendo unha cualificación de sobresaínte cum laude[2].
Tras esta experiencia estableceuse en Francia entre os anos 2007 e 2010, onde traballou como investigadora post-doc no Centre National de la Recherche Scientifique (CNRS) na Universidade Pierre et Marie Curie e no INSERM en París. Tras esta etapa continuou a súa carreira nos Estados Unidos colaborando co Instituto Nacional da Saúde (NIH) e co Centro de Neurociencias e Medicina Rexenerativa[3].
En 2014 comezou a traballar na Universidade de Georgetown coma profesora asistente no departamento de Neurociencia.
Sonia Villapol forma parte do Equipo de Investigación Internacional de covid-19, coordinando un equipo internacional de neurocientíficos que analiza como afecta o coronavirus ao cerebro e ao sistema nervioso. [4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Las secuelas del covid: "Algunos pacientes sufrirán enfermedades como el alzhéimer"". El Confidencial (en castelán). 2020-10-21. Consultado o 2020-10-24.
- ↑ "Sonia Villapol Salgado | Galegos | Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2017-10-01.
- ↑ "Sonia Villapol". www.cientificosus.es. Consultado o 2017-10-01.
- ↑ jgibson. "Team Members". COV-IRT (en inglés). Consultado o 2020-10-24.