Bretoña, A Pastoriza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Coordenadas: 43°20′13.2″N 7°19′2.2″O / 43.337000, -7.317278

Bretoña
Concello A Pastoriza
Poboación 759 hab. (2015)
Entidades de poboación 30

Santa María de Bretoña é unha parroquia do concello lugués da Pastoriza na comarca da Terra Chá. Segundo o IGE[1], en 2015 tiña 759 habitantes (390 homes e 369 mulleres). É a parroquia máis poboada do concello.

Historia[editar | editar a fonte]

É coñecida por ser a máis ca probábel sé da diocese de Britonia de onde era orixinario o bispo Mailoc, asinante nos Concilios galaicos de Lugo (569) e Braga (572). O bispado bretón xorde coa chegada masiva ao norte de Galicia de refuxiados celto-britanos[2] procedentes das Illas Británicas[3] logo da invasión anglosaxoa. Esta diocese foi substituída pola de Mondoñedo na segunda metade do século IX.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución demográfica da parroquia de Bretoña

1388[4] 1753[5] 1842[6] 1887[7] 1910 [8] 1930 [9] 1940[10] 1950[11] 1960[12] 2000[13] 2015
130 1023 1100 1661 1729 1670 1751 1562 1291 901 759

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Bretoña[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Bretoña no concello lugués da Pastoriza

A Afoz | Alvite | Os Alvites | O Arandal | O Azougue | O Barreiro | O Bispado | Os Cabaleiros | A Cabeira | O Campo Vello | O Carballal | A Castiñeira | O Castrillón | O Coto de Francos | O Coto | O Covelo | Currás | O Espiñedo | Fitoiro | Fontao | O Foxo | Francos | A Igrexa | Lodás | Luxilde | A Macieira | Mourelle | O Outeiro | Piñeiros | Seselle

Parroquias da Pastoriza[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias da Pastoriza

A Aguarda (San Martiño) | Álvare (Santa María) | Baltar (San Pedro Fiz) | Bretoña (Santa María) | Cadavedo (San Bartolomeu) | Crecente (O Salvador) | Fomiñá (O Salvador) | Gueimonde (San Mamede) | Lagoa (San Xoán) | Loboso (Santo André) | Pastoriza (O Salvador) | Pousada (Santa Catarina) | A Regueira (San Vicente) | Reigosa (Santiago) | Saldanxe (San Miguel) | San Cosme de Piñeiro (San Cosme) | San Martiño de Corvelle (San Martiño) | Úbeda (San Xoán) | Vián (Santa María)


Notas[editar | editar a fonte]

  1. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego). 
  2. Young, Simon (2002). Britonia: Camiños novos. Toxosoutos ISBN 84-95622-58-0
  3. No estadio actual dos nosos coñecementos non é posíbel concretar se o ponto de orixe foi a Gran Bretaña ou a Armórica como sinala García García, Antonio. (2000). Historia de Bretoña. Deputación Provincial de Lugo. pp. 20-21, ou Thompson, E. A. "Britonia" en Christianity in Britain 300-700. Edd. M. W. Barley e R. P. C. Hanson. Leicester University Press. 1968. pp. 201-205
  4. Dato tirado da visita realizada polo bispo de Mondoñedo a Bretoña o 24 de agosto de 1388. O texto da visita consérvase no Arquivo da Catedral de Mondoñedo, Tombo do séc. XV, fol. 216r-17r (segundo outra foliación 218r-19r). Citada por García García, Antonio: Historia de Bretoña. Lugo: Servicio de Publicacións Deputación Provicial de Lugo, 2000. p. 34.
  5. Interrogatorio Xeral do Catastro de Ensenada
  6. Madoz Ibáñez, P. (1846). "BRETOÑA". Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar (en castelán) IV. Madrid. p. 438-439.  O volume foi publicado en 1846, e non queda clara a orixe dos dados fornecidos por Madoz, ben dos seus correspondentes locais ou do censo de 1842.
  7. Nomenclator provincia de Lugo do INE
  8. Nomenclátor de las ciudades, villas, lugares, aldeas y demás entidades de población de España: con referencia al 31 de diciembre de 1910: provincia de Lugo / Dirección General del Instituto Geográfico y Estadístico. Madrid: Talleres del Instituto Geográfico y Estadístico, 1915
  9. Nomenclator general de España con referencia al 31 de diciembre de 1930: provincia de Lugo. [S.l.: s.n., 193-?]
  10. Nomenclátor de las ciudades, villas, lugares, aldeas y demás entidades de población de España, formado por la Dirección General de Estadística con referencia al 31 de diciembre de 1940: provincia de Lugo. Madrid: INE, [194-?] INE
  11. Nomenclator de las ciudades, lugares, aldeas y demás entidades de España, formado por el Instituto Nacional de Estadística con referencia al 31 de diciembre de 1950: provincia de Lugo. Madrid: INE, [195-?]
  12. Nomenclátor de las ciudades, villas, lugares, aldeas y demás entidades de población [de la] provincia de Lugo: censo de la población y de las viviendas de España de 1960 / Instituto Nacional de Estadística. Madrid: Instituto Nacional de Estadística, Presidencia del Gobierno, D.L. 1963 INE
  13. INE

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]