Fernand´ Esquio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Fernando Esquío")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Fernand´ Esquio
Nacementoséculo XIIIxuliano
 Ferrol
Falecementoséculo XIVxuliano
NacionalidadeReino de Galicia
Ocupacióntrobador
editar datos en Wikidata ]
Cantigas de Esquio no Cancioneiro da Vaticana.

Fernand' Esquio ou Fernand' Esqyo, escrito Fernando Esquío coa grafía moderna, foi un trobador galego de fins do século XIII e comezos do século XIV.[1] Da nome a un instituto de educación secundaria de Neda.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado no século XIII, poida que en localidades próximas a Ferrol, xa que o seu apelido era común nalgunhas localidades da comarca de Ferrol, É posible que pertencese a unha familia nobre, posto que había Esquíos ao servizo dos condes de Andrade e como priores do mosteiro de San Martiño de Xuvia. Estudosos como Ricardo Carballo Calero sosteñen que o seu apelido puido ser Esguío, como outros trobadores medievais que tiveron ou adoptaron o nome dun animal como apelido.[3]

Puido ter vinculacións coas cidades de Lugo e Santiago de Compostela, pois ambas cidades aparecen nalgunha das súas obras.[4]

Obra[editar | editar a fonte]

Consérvanse nove cantigas súas, que se dividen en catro de amigo, tres de escarnio e dúas de amor.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "MedDB - Visualiza Trobador". bernal.cirp.gal. Consultado o 2021-08-23. 
  2. "IES Fernando Esquío". www.edu.xunta.gal. Consultado o 2021-08-23. 
  3. Burgoa, Juan José (29/9/2019). "Fernando Esquío Trovador galaico-portugués" (en castelán). 
  4. Vallín Blanco, Gema. "Fernando Esquio | Real Academia de la Historia". Consultado o 2020-12-13. 
  5. "Cantigas Medievais Galego-Portuguesas". cantigas.fcsh.unl.pt. Consultado o 2021-08-23. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]