Eva Almazán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eva Almazán
Nacemento1976
Lugar de nacementoPontevedra
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Vigo
Ocupacióntradutora
PremiosPremio Nacional de Tradución de España e Premio Lois Tobío ao Libro Traducido
Na rede
Dialnet: 1323539
editar datos en Wikidata ]

Eva Almazán García, nada en Pontevedra en 1976, é unha tradutora galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en 1998 en Tradución e Interpretación na Universidade de Vigo. En 2000, na mesma universidade, completou os cursos de doutoramento, e en 2002 obtivo unha bolsa de estudos promovida pola Fundación Barrié e o British Council. Fixo un máster sobre Pragmática e Tradución na Universidade de Salford. En 2002, cofundou a empresa Rosetta Tradución. Dende 2007 dedícase en exclusiva á tradución editorial e literaria. Traduciu para diversas editoriais galegas, como por exemplo a editorial Galaxia ou Rinoceronte, e de fóra, como Vicens Vives; e destacan as súas versións en lingua galega dalgunhas obras de autores tales de fala inglesa, como Paul Auster, Jim Thompson, Martin Amis, Doris Lessing ou Edgar Allan Poe.

É membro da Asociación de Tradutores Galegos.

Distincións[editar | editar a fonte]

Recibiu o Premio de Tradución da Universidade de Vigo (2004)[1], o Certificado de Honra IBBY (2006), o Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega (2007), o Premio Lois Tobío da Asociación Galega de Editores (2009), o Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro traducido en 2013, por Ulises de James Joyce (obra cotraducida con máis autores), libro polo que tamén recibiu o Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores ao mellor libro traducido en 2013, o Premio Irmandade do Libro da Federación de Librarías de Galicia ao mellor libro do 2013, o Premio da AELG á mellor tradución do 2013 e o Premio Nacional de Tradución de España en 2014[2].

Obras traducidas[editar | editar a fonte]

Traduciu dende o inglés, o italiano e o alemán unha gran cantidade de obras ó galego[3]:

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]