Dan Brown
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 22 de xuño de 1964 Exeter, Estados Unidos de América (pt) |
| Relixión | Agnosticismo |
| Educación | Amherst College Phillips Exeter Academy |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Actividade literaria, prosa, suspense, música e thriller (en) |
| Ocupación | escritor, músico, prosista, xornalista, novelista, mestre, investigador |
| Período de actividade | 1998 |
| Empregador | Phillips Exeter Academy |
| Xénero artístico | Suspense, ficción detectivesca e ficción especulativa |
| Profesores | Alan Lelchuk (pt) |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Lentapedia Obálky knih, |
| Sitio web | danbrown.com |
Dan Brown, nado en Nova Hampshire o 22 de febreiro de 1964, é un escritor norteamericano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Graduado pola Phillips Exeter Academy, onde o seu pai era profesor de matemáticas, completou os seus estudos no Amherst College, antes de regresar a Phillips Exeter como profesor de inglés.
En 1997, o seu interese polos códigos e os servizos secretos nacionais levouno a escribir a súa primeira novela,Digital Fortress ("A fortaleza dixital"), convertida nun éxito de vendas nos Estados Unidos.
A relación entre a ciencia e a relixión serviu de inspiración á súa segunda novela Anxos e demos.
As súas novelas de suspense están protagonizadas polo profesor de simboloxía, Robert Langdon. Dan Brown pasou moito tempo no Museo do Louvre recollendo documentación que incluíu en O código Da Vinci, a súa novela máis famosa, e tamén a máis controvertida, xa que cuestiona algúns principios da Igrexa Católica.
As súas novelas traducíronse a máis de 30 linguas.
Obras
[editar | editar a fonte]- Digital Fortress (1997)
- Anxos e Demos (2000) - (Angels and Demons, tradución ao galego 2005)
- Deception Point (2001)
- O código Da Vinci (2003) - (The Da Vinci Code, tradución ao galego 2004)
- O símbolo perdido (2009) - (The Lost Symbol, tradución ao galego 2009)
- Inferno (2013)
- Origin (2017)