Saltar ao contido

Simonetta Agnello Hornby

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSimonetta Agnello Hornby

(2012) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1945 Editar o valor en Wikidata (79/80 anos)
Palermo, Italia Editar o valor en Wikidata
ResidenciaLondres Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Palermo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBelas letras e avogacía Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Italia Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritora, profesora universitaria, xurista, novelista, avogada Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Leicester (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
2017Santiago International Book Fair 2017 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Sitio webagnellohornby.feltrinellieditore.it Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1656865 Bitraga: 2621

Simonetta Gloria Agnello, de casada Hornby, nada en Palermo en 1945, é unha avogada e novelista italiana, residente no Reino Unido, cuxa nacionalidade tamén ostenta. Varias das súas novelas, escritas sempre en italiano, foron traducidas a numerosos idiomas e foron best-séllers internacionais.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Simonetta Agnello naceu en Palermo no seo dunha familia aristocrática e criouse en Sicilia, ata que en 1965 obtivo unha bolsa Fulbright, coa que iniciou estudos de Dereito na Universidade de Kansas, concluíndoos no Reino Unido, onde se especializou como avogada en materia de menores e violencia doméstica.[1][2]

Desde 1972 reside en Londres, onde fundou en 1979 un bufete de avogados no barrio de Brixton, especializado en defender as comunidades musulmá e africana, que foi tamén o primeiro despacho en ter unha sección especializada en violencia intrafamiliar.[3][1] Foi profesora de Dereito de menores na Universidade de Leicester e durante oito anos presidiu a tempo parcial o Special Educational Needs and Disability Tribunal, un tribunal que leva as apelacións contra as decisións administrativas das autoridades educativas locais sobre mozos con necesidades educativas especiais.[2] Desde 2012 colabora coa Global Foundation for the Elimination of Domestic Violence.

Agnello debutou como novelista en 2002 con La Mennulara (unha palabra siciliana para "recolectora de améndoas"), que foi traducida a 19 linguas. Desde entón publicou, sempre en italiano, polo menos outras seis novelas, na súa maioría ambientadas na súa Sicilia natal, así como textos autobiográficos e libros de cociña. En 2019 publicou unha nova versión de La Mennulara, incluíndo algúns capítulos omitidos na edición orixinal.[4]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Simonetta Agnello está casada co cidadán británico Martin Hornby e ten dous fillos. Un deles, George, sofre esclerose múltiple. Con el protagonizou en 2013 o docu-reality Io & George, emitido en seis capítulos por Rai 3, que representa unha viaxe de Londres a Sicilia, co obxectivo de sensibilizar sobre as persoas con discapacidades.

  • La Mennulara, Collana I Narratori, Milán, Feltrinelli, 2002, ISBN 88-07-01619-2; Nova edición revisada e ampliada, Collana I Narratori, Milán, Feltrinelli, 2019, ISBN 978-88-070-3302-5. Traducida ao galego como A Mennulara por Eva Almazán e Carlos Acevedo.
  • La zia marchesa, Collana I Narratori, Milán, Feltrinelli, 2004. ISBN 88-07-01659-1.
  • Boccamurata, Collana I Narratori, Milán, Feltrinelli, 2007. ISBN 978-88-07-01712-4.
  • Vento scomposto, Collana I Narratori, Milán, Feltrinelli, 2009. ISBN 978-88-07-01772-8.
  • Camera oscura, Collana Art Stories, Milán, Skira, 2010. ISBN 978-88-572-0612-7.
  • La monaca, Collana I Narratori, Milán, Feltrinelli, 2010. ISBN 978-88-07-01823-7.
  • Un filo d'olio, Collana La memoria, Palermo, Sellerio, 2011. ISBN 88-389-2549-6.
  • La cucina del buon gusto, Simonetta Agnello Hornby e Maria Rosario Lazzati, Collana Varia, Milán, Feltrinelli, 2012. ISBN 978-88-07-49120-7.
  • La pecora di Pasqua, Simonetta Agnello Hornby e Chiara Agnello, Bra, Slow Food, 2012. ISBN 978-88-8499-290-1.
  • Il veleno dell'oleandro, Collana I Narratori, Milán, Feltrinelli, 2013. ISBN 978-88-07-01941-8.
  • Il male che si deve raccontare per cancellare la violenza domestica, Simonetta Agnello Hornby e Marina Calloni, Milán, Feltrinelli, 2013. ISBN 978-88-07-49150-4.
  • Via XX Settembre, Collana I Narratori, Milán, Feltrinelli, 2013. ISBN 978-88-07-03062-8.
  • La mia Londra, Collana Scrittori, Firenze, Giunti, 2014. ISBN 978-88-09-78683-7.
  • Il pranzo di Mosè, Collana Scrittori, Firenze, Giunti, 2014. ISBN 978-88-09-80254-4.
  • Caffè amaro, Collana I Narratori, Milán, Feltrinelli, 2016. ISBN 978-88-07-03183-0.
  • Nessuno può volare, Collana I Narratori, Milán, Feltrinelli, 2017. ISBN 978-88-07-03253-0.
  • AAVV., un relato en Un anno in giallo, Palermo, Sellerio, 2017, ISBN 978-88-38-93712-5.
  • Piano nobile, Collana I Narratori, Milán, Feltrinelli, 2020, ISBN 978-88-0703413-8
  1. 1,0 1,1 Nota biográfica arquivada en Wayback Machine. Consultada 11/06/2019.
  2. 2,0 2,1 Nota biográfica na páxina web da editorial Feltrinelli. Consultado 11/06/2019.
  3. Nota biográfica na web Lecturalia. Consultada 11/06/2019.
  4. "Simonetta Agnello Hornby racconta la nuova Mennulara' e i suoi progetti futuri" na web Il libbraio", 15/02/2019. Consultado 11/06/2019.