Fernando Moreiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Fernando Moreiras
Nacemento1976
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Vigo
Ocupacióntradutor
editar datos en Wikidata ]

Fernando Moreiras Corral, nado en Vigo en 1976, é un tradutor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo no ano 1998 e máster en Tradución Multimedia pola mesma universidade, é tradutor profesional desde o inglés e a francés ó galego, principalmente. A súa especialidade son os textos técnicos, xurídicos, audiovisuais e literarios[1], ámbito en que traduciu autores como George Orwell ou Dan Brown.[2] Impartiu docencia de tradución xurídica na Universidade de Vigo.[3]

Distincións[editar | editar a fonte]

Foi galardoado co Premio de Tradución Plácido Castro na súa X edición pola súa versión ó galego de Ensaio sobre a crítica, de Alexander Pope.[4]

Obras traducidas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fernando Moreiras en Asociación de Traducción y Adaptación Audiovisual de España
  2. Fernando Moreiras, en Cultura Galega.
  3. Fernando Moreiras: “Gañar o premio Plácido Castro foi toda unha sorpresa e tamén unha honra”, no Diario da Universidade de Vigo, 2011.
  4. Fernando Moreiras emulou a Plácido Castro e levou o Premio de Tradución, en Que pasa na costa: diario dixital da Costa da Morte, 2011.