Saltar ao contido

Axencia Europea de Seguridade Aérea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Axencia Europea de Seguridade Aérea
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
 Nome orixinal
European Union Aviation Safety Agency Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Director/a executivo/a
Patrick Ky (pt) Traducir 1 de setembro de 2013 Editar o valor en Wikidata
Cadro de persoal840 (2019) Editar o valor en Wikidata
Economía e industria
 Produto ou servizo
Datas
 Fundación / creación
28 de setembro de 2003 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
 Substitúe
Localización
 Sede
 Área de operación
 País
Identificadores
VIAF268555462 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000459375157 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/03nzgs Editar o valor en Wikidata
OpenAlexI2801289941 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: European.Aviation.Safety.Agency Twitter: easa LinkedIn: easa-european-aviation-safety-agency Youtube: UC71zEXeufZ3nfBhs_QUiFeg Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A Axencia Europea de Seguridade Aérea (en inglés European Aviation Safety Agency ou EASA) é unha axencia da Unión Europea con tarefas normativas e executivas no campo da seguridade aérea civil. Baseada en Colonia, a EASA creouse o 15 de xullo de 2002[1] e acadou a súa funcionalidade plena no ano 2008, asumindo as funcións das Autoridades Conxuntas de Aviación (Joint Aviation Authorities ou JAA). Os países da Asociación Europea de Libre Comercio teñen garantida a súa participación na axencia.

As responsabilidades da EASA inclúen a análise e investigación da seguridade, autorizando operadores estranxeiros, asesorando a redacción da lexislación da UE, poñendo en funcionamento e monitorizando regras (como as inspeccións nos estados membros), dándo certificacións de tipo de avións e compoñentes e aprovando as organizacións relacionadas co deseño, fabricación e mantemento de produtos aeronáuticos.

Como parte do Ceo Único Europeo II, a axencia recibiu tarefas adicionais.[2] Entre outras cousas, a EASA poderá certificar bloques funcionais aéreos se participan máis de tres partes.

  1. Unión Europea (ed.). "EASA". Consultado o 31 de xullo de 2017. 
  2. Eur-lex.europa.eu (ed.). "Regulation of the European Parliament and of The Council". Consultado o 31 de xullo de 2017.