Fran Alonso: Diferenzas entre revisións
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2 |
|||
Liña 101: | Liña 101: | ||
* Premio [[Xosé Neira Vilas]] ao mellor libro infantil no 2009, por ''A araña e mais eu''. |
* Premio [[Xosé Neira Vilas]] ao mellor libro infantil no 2009, por ''A araña e mais eu''. |
||
* Premio ''Fervenzas Literarias'' ao mellor libro infantil no 2011, por ''O meu gato é un poeta''. |
* Premio ''Fervenzas Literarias'' ao mellor libro infantil no 2011, por ''O meu gato é un poeta''. |
||
* Premio |
* Premio [[Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia]] no [[2012]], por ''A punta de pistola''. |
||
* Premio ao mellor proxecto literario na rede na I [[Gala do Libro Galego]] en 2016, por ''Poétic@.gal''. |
* Premio ao mellor proxecto literario na rede na I [[Gala do Libro Galego]] en 2016, por ''Poétic@.gal''. |
||
Revisión como estaba o 18 de agosto de 2020 ás 09:27
Nome orixinal | (gl) Fran Alonso |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 27 de xuño de 1963 (60 anos) Vigo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Campo de traballo | Poesía, xornalismo e actividade literaria |
Ocupación | escritor , editor literario |
Xénero artístico | novela, poesía, narrativa |
Pseudónimo literario | Fran Alonso |
Lingua | Lingua galega |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Concha Costas |
Premios
| |
Páxina web | franalonso.gal |
Francisco Alonso Villaverde, nado en Vigo o 27 de xuño de 1963, é un escritor galego, director de Edicións Xerais de Galicia.
Traxectoria
Estudou filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela. A súa carreira como escritor aparece vencellada profesionalmente ó xornalismo e ó ámbito da edición. Foi redactor de Diario 16 de Galicia, e dende 1992 traballa en Edicións Xerais de Galicia.
Deuse a coñecer en 1991 ó gañar o Premio Blanco Amor con Tráiler, unha novela que xira en torno á vida e mitos dos transportistas. En 1994 publicou Cemiterio de elefantes, unha colección de relatos centrados no mundo da noite, e en 1995 Silencio, unha novela curta na que explora a esquizofrenia do mundo urbano. O libro de relatos Males de cabeza fala sobre os problemas individuais que teñen que ver coa neurose socializada e coa ansiedade que afectan a todo o conxunto social.
Como poeta é autor dunha innovadora obra dende 1992, cando deu ó prelo Persianas, pedramol e outros nervios. A vontade rupturista e rebelde dos seus poemas está presente nas súas sucesivas entregas: Tortillas para os obreiros en 1996, Subversións en 2001. O seu poemario Balada solitaria é un diálogo entre a linguaxe poética do galego e a linguaxe figurativa do fotógrafo portuense Renato Roque.
A súa obra narrativa e poética aparecen recollidas en diversas antoloxías. Traduciu para o galego o Polgariño de Charles Perrault, foi un dos animadores das Edicións do Dragón e coordinou e editou o libro Mini.relatos, publicado pola Librería Cartabón (1999), onde participaron 27 autores galegos novos. Foi responsable das coleccións de poesía Ablativo Absoluto e de narrativa Abismos, durante o seu período de vixencia. Foi subdirector para edición xeral de Edicións Xerais (2001-2018) e o seu director desde o 20 de abril de 2018 [1]. Tamén foi vicepresidente da Asociación Galega de Editores (2006-2010).
Está casado con Concha Costas, expresidenta da Mesa pola Normalización Lingüística do galego.
Obras
Narrativa adulta
- Tráiler, 1991, Edicións Xerais.
- A lúa no probador, 1992, Biblioteca de Autores Galegos, Diario 16 de Galicia.
- Cemiterio de elefantes, 1994, Edicións Xerais. Traducida ao castelán.[2]
- Silencio, 1995, Nigra, reeditada cun relato inédito en 2001 por Edicións Xerais.
- Males de cabeza, 2001, Edicións Xerais. Foi traducida ao castelán[3] e ao catalán.[4]
- Ninguén, 2011, Edicións Xerais.
Literatura infanto-xuvenil
- Cidades, 1997, Edicións Xerais (Ilustracións de Pablo Otero Rodríguez "Peixe"). Traducida ao castelán.[5][6]
- O brillo dos elefantes, 1999, Edicións Xerais (Ilustracións de Luis Castro Enjamio).
- A casa da duna, 2002, Edicións Xerais.
- O brillo dos elefantes, 2006, Edicións Xerais.
- Cartas de amor, 2006, Edicións Xerais. Traducida ao castelán.[7]
- Poetízate. Antoloxía da poesía galega, 2006, Edicións Xerais.
- A vida secreta de María Mariño, 2007, Edicións Xerais (Ilustracións de Fino Lorenzo).
- A araña e máis eu, 2009, Kalandraka. Foi traducida ao castelán,[8] ao portugués,[9] ao inglés,[10] ao italiano[11] e ao coreano.[12]
- Folerpas de Novoneyra, 2010, Edicións Xerais.
- O meu gato é un poeta, 2011, Edicións Xerais.
- A punta de pistola, 2012, Edicións Xerais.
- Poemas birollos para ler cos ollos, 2016, Xerais.
Crónica
- Territorio ocupado, 1998, Edicións Xerais.
- Un país a medio facer, 2008, Edicións Xerais.
- Contesta ou disparo, 2011, publicado en internet. Libro de entrevistas para Diario 16 de Galicia.[13]
Poesía
- Persianas, pedramol e outros nervios, 1992, Alacrán Poesía.
- Tortillas para obreiros, 1996, Espiral Maior.
- Subversións, 2001, Edicións Xerais.
- Balada solitaria, 2004, Edicôes Eterogémeas. Traducida ao catalán.[14]
- Transición, 2011, Franouren.
- Poétic@, 2015, autoedición en formato dixital.
- Terraza, 2017, Xerais.
- Street poems
Obras colectivas
- Concurso Nacional de Poesía O Facho (1978-1989), 1990, Ediciós do Castro.
- O mar de adentro, 1990, Edicións do Dragón.
- Homenaxe a Miguel González Garcés, 1991, Deputación da Coruña.
- A rota dos baleeiros, 1991, Edicións do Dragón.
- XV Festival da Poesia no Condado, 1995, S. C. D. Condado.
- Relato contemporáneo, 1995, Edicións Xerais.
- Construír a paz, 1996, Edicións Xerais.
- Narradores de cine, 1996, Edicións Xerais.
- Unha liña no ceo, 1996, Edicións Xerais.
- Bestiario, 1998, Edicións do Dragón.
- dEfecto 2000. Antoloxía de poetas dos 90, 1999, Letras de Cal.
- Mini-relatos, 1999, Libraría Cartabón.
- Contos para levar no peto, 2001, Xerais.
- Ninguén está só, 2001, Editorial Tris Tram.
- Palabras con fondo, 2001, Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
- Longa lingua, 2002, Edicións Xerais.
- Materia prima: relatos contemporáneos, 2002, Edicións Xerais.
- Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina, 2003, Fundación Araguaney.
- Narradio. 56 historias no ar, 2003, Edicións Xerais.
- Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior.
- Xela Arias, quedas en nós, 2004, Edicións Xerais.
- X. Espazo para un signo, 2005, Edicións Xerais.
- Historias para ler e mirar, 2007, Xunta de Galicia.
- O son das buguinas, 2007, Edicións Xerais.
- Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz, 2008, Edicións Xerais.
- Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.
- Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís, 2011, A Nave das Ideas.
- Manuel Lueiro Rey (1916-1990), 2013, Xerais.
- Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega, 2013, Toxosoutos.
Traducións
- A aventura sorprendente dun homiño moi valente, de Hans Traxler, 2007, Xerais.
Premios
- Premio Curuxa Literaria en 1990 polo relato O mañá depende de nós.
- Premio Blanco Amor en 1991 por Tráiler.
- Premio Rañolas de Literatura Infantil e Xuvenil en 1997 por Cidades.
- Premio Losada Diéguez en 1999.
- Accésit do Premio Lazarillo de Literatura Infantil do Ministerio de Cultura en 1998 por Cidades.
- Mención na Lista de Honra da revista CLIJ.
- Premio Xosé Neira Vilas ao mellor libro infantil no 2009, por A araña e mais eu.
- Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro infantil no 2011, por O meu gato é un poeta.
- Premio Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia no 2012, por A punta de pistola.
- Premio ao mellor proxecto literario na rede na I Gala do Libro Galego en 2016, por Poétic@.gal.
Notas
- ↑ "Fran Alonso dirixirá a nova etapa de Xerais". Galicia Confidencial. 20 de abril de 2018.
- ↑ "«Cementerio de elefantes»: Estética comprometida, a la altura también de nuestro tiempo. Crítica de Francisco Martínez Bouzas". FRAN ALONSO. 2013-10-01. Consultado o 2019-10-23.
- ↑ "Males de Cabeza". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-10-23.
- ↑ "Mals de cap". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-10-23.
- ↑ "Ciudades". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-10-23.
- ↑ "Ciudades". bibliotraducion.uvigo.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-23.
- ↑ "Cartas de amor". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-10-23.
- ↑ "La araña y yo". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-10-22.
- ↑ "A aranha e eu". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-10-22.
- ↑ "The spider and me". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-10-22.
- ↑ "Io e il ragno". bibliotraducion.uvigo.es (en castelán). Consultado o 2019-10-22.[Ligazón morta]
- ↑ "A araña e máis eu (coreano)". bibliotraducion.uvigo.es (en castelán). Consultado o 2019-10-22.[Ligazón morta]
- ↑ Contesta ou disparo
- ↑ "Balada solitària". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2019. Consultado o 2019-10-23.
Véxase tamén
Bibliografía
- Dicionario biográfico de Galicia, Ir Indo Edicións, 2010-2011, Vigo.