Charles Perrault
Charles Perrault | |
---|---|
![]() Charles Perrault por Philippe Lallemand, 1665 | |
Nacemento | 12 de xaneiro de 1628 |
Lugar de nacemento | París |
Falecemento | 16 de maio de 1703 |
Lugar de falecemento | París |
Nacionalidade | Reino de Francia |
Etnia | Pobo francés |
Alma máter | Lycée Saint-Louis, Collège de Beauvais, Old University of Orléans e University of Orléans |
Ocupación | escritor, poeta, poeta avogado, collector of fairy tales, crítico, escritor de literatura infantil e art theorist |
Cónxuxe | Marie Guichon |
Irmáns | Pierre Perrault, Claude Perrault e Nicolas Perrault |
Coñecido por | The Tales of my Mother Goose e sen etiquetar |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Charles Perrault, nado en París o 12 de xaneiro de 1628 e finado na mesma cidade o 16 de maio de 1703, foi un escritor francés. Era irmán de Claude.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu no seo dunha acomodada familia burguesa e protexido de Colbert. Asistiu ás mellores escolas e estudou dereito antes de iniciar unha carreira no servizo gobernamental. Tomou parte na creación da Academia das Ciencias e na restauración da Academia de Pintura. Foi secretario da Academia Francesa desde 1663.
En 1687 escribiu o poema O século de Luís o Grande e, en 1688, Comparación entre antigos e modernos, unha alegación en favor dos escritores "modernos" e en contra dos tradicionalistas.
Aos 55 anos escribiu o libro Contos de mamá ganso. A súa publicación comezou a darlle fama entre os seus coñecidos e significou o comezo dun novo estilo de literatura: os contos de fadas. Para os seus relatos, Perrault recorreu a paisaxes que coñecía como o Castelo de Ussé para o conto de A Bela Dormente.
Publicacións[editar | editar a fonte]
Moitas das historias de Perrault seguen publicándose hoxe en día e convertéronse en óperas, obras de teatro e filmes. Algunhas das historias máis famosas de Perrault son:
- La Belle au bois dormant (A Bela Dormente).
- Le Petit Chaperon rouge (Carapuchiña vermella).
- Barbe Bleue (Barba Azul).
- Le Chat botté (O gato con botas). Esta obra foi adaptada por Ánxeles Cuña e representada teatralmente por Sarabela Teatro en galego (A gata con botas, 2004)
- Cendrillon (Cincenta).
- Le Petit Poucet (Polgariño).