Cemiterio de elefantes
Cemiterio de elefantes | |
---|---|
Título orixinal | Cemiterio de elefantes e Cementerio de elefantes |
Autor/a | Fran Alonso |
Cuberta | Ramón Vaquero |
Orixe | Galiza |
Lingua | galego |
Colección | narrativa |
Xénero(s) | relatos |
Editorial | Xerais |
Data de pub. | 1994 (1ª ed.) |
Formato | 14,5 x 22 rústica con lapelas |
Páxinas | 112 |
ISBN | ISBN 978-84-9782-625-9 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Cemiterio de elefantes é un conxunto de 9 relatos escritos por Fran Alonso. Publicado por Edicións Xerais en 1994, no ano 2007 xa levaba editadas 6 edicións.
Argumento
[editar | editar a fonte]A acción ten lugar entre as 12 da noite e as 9 da mañá, ocupando cada un unha hora (aproximadamente). A maioría deles están ambientados en Vigo, agás un que transcorre en Santiago de Compostela.
Os protagonistas e as accións son diversos: unha rapaza que sofre unha violación, unha solicitude dun medicamento nunha farmacia de garda, unha cirurxía maxilar de urxencia, un camareiro tras dunha barra, unha locutora de radio cocainómana, un atentado contra o sepulcro de Castelao no Panteón de Galegos Ilustres, unha discoteca, un insomne adicto aos tranquilizantes, ou un asasinato. Algúns dos relatos están relacionados entre eles, e hai personaxes que participan en varios, como o persoal encargado de recoller o lixo.
Tres dos personaxes secundarios son camioneiros que apareceran na novela Tráiler, do mesmo autor.
Traducións
[editar | editar a fonte]Ao castelán por Iolanda Mato Creo co título de Cementerio de elefantes publicado en 2013 por Pulp books.