Eloy Luís André: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 94: Liña 94:
=== Bibliografía ===
=== Bibliografía ===
{{Refempeza}}
{{Refempeza}}
* {{Cita libro |nome=Enrique |apelidos=Bande Rodríguez |ligazónautor=Enrique Bande Rodríguez |ano=1987 |título=Teoría Política de D. Eloy Luís André |localización=[[Berrande, Vilardevós]] |editorial=Asociación Cultural Andruquiña |ref=harv }}
* {{Cita libro |nome=Enrique |apelidos=Bande Rodríguez |ligazónautor=Enrique Bande Rodríguez |ano=1987 |título=Teoría política de D. Eloy Luís André |localización=[[Berrande, Vilardevós]] |editorial=Asociación Cultural Andruquiña |ref=harv }}
* {{Cita libro |apelidos1=Alemán |apelidos2=Castro |apelidos3=Lafuente |ano=2010 |título=Eloy Luis André y la psicología científica en la España de la Restauración |url=https://www.librosuned.com/LU16012/Eloy-Luis-Andr%C3%A9-y-la-psicolog%C3%ADa-cient%C3%ADfica-en-la-Espa%C3%B1a-de-la-Restauraci%C3%B3n.aspx |editorial=[[UNED]] |formato=DVD-Vídeo |isbn=9788436256475 |lingua=es |ref=harv }}
* {{Cita libro |apelidos1=Alemán |apelidos2=Castro |apelidos3=Lafuente |ano=2010 |título=Eloy Luis André y la psicología científica en la España de la Restauración |url=https://www.librosuned.com/LU16012/Eloy-Luis-Andr%C3%A9-y-la-psicolog%C3%ADa-cient%C3%ADfica-en-la-Espa%C3%B1a-de-la-Restauraci%C3%B3n.aspx |editorial=[[UNED]] |formato=DVD-Vídeo |isbn=9788436256475 |lingua=es |ref=harv }}
* {{Cita libro |apelidos=Camoira Vega |nome=César (ed.) |ano=2004 |url=http://www.cirp.es/pub/docs/poerec/eloy_poesia.pdf |título=Eloy Luis André. Poesía galega |localización=Santiago de Compostela |editorial=[[Centro Ramón Piñeiro|CRPIH]] |isbn=978-84-453-5131-4 |ref=harv}}
* {{Cita libro |apelidos=Camoira Vega |nome=César (ed.) |ano=2004 |url=http://www.cirp.es/pub/docs/poerec/eloy_poesia.pdf |título=Eloy Luis André. Poesía galega |localización=Santiago de Compostela |editorial=[[Centro Ramón Piñeiro|CRPIH]] |isbn=978-84-453-5131-4 |ref=harv}}

Revisión como estaba o 19 de xaneiro de 2020 ás 12:40

Infotaula de personaEloy Luís André

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de xullo de 1876 Editar o valor em Wikidata
Mourazos, España Editar o valor em Wikidata
Morte24 de maio de 1935 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Causa da mortecancro Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Salamanca
Universidade de París Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpsicólogo , escritor , profesor de ensino secundario , filósofo , autor Editar o valor em Wikidata
AlumnosRafael Lapesa Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeM.ª Francisca Romero
FillosM.ª dos Anxos (1919)
Anxo (1922) [1]
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Galiciana: 42195


Eloy Luís André,[a] nado en Mourazos (Verín) o 19 de xullo de 1876 e finado en Madrid o 24 de maio de 1935, foi un filósofo, psicólogo e docente galego, cuxa obra orixinal máis destacada se centra en problemas de mentalidade colectiva e no desenvolvemento do sistema educativo.

Traxectoria

Fillo do médico de Vilardevós Ángel Luis Barreira e de Purificación André, quedou orfo de pai cun ano de idade. A nai casou en segundas nupcias cun notario de Ponteareas.[2] Eloy foi vivir cos avós paternos, Anselmo e Sabela, e, cando estes finaron, cos tíos Xacinto e Xenerosa.[1] Fixo os seus estudos no Colexio dos Padres Escolapios de Celanova e no Instituto de Ourense, recibindo clases de Juan Sieiro González. Comezou o ciclo universitario en Santiago de Compostela, trasladándose logo para a Universidade de Salamanca, onde os rematou. Alí iniciou o seu trato con Miguel de Unamuno. Pasou a Madrid, á Universidade Central, para efectuar a doutoramento (1901-1902), e estabelecendo contactos con Francisco Giner de los Ríos.

Volveu de novo a Salamanca para especializarse en Filosofía Superior, e desde alí trasladouse ás universidades europeas de Leuven, Bruxelas e París en 1899 - 1900, para ampliar estudos. Cando regresou a España intentou acceder a unha cátedra universitaria, mais ante a imposibilidade de lograr algunha, decidiu preparar oposicións a cátedra de bacharelato, obtendo en 1904 a de Psicoloxía, Lóxica, Ética e Rudimentos de Dereito do instituto de Soria. No mesmo ano e por motivos familiares (enfermidade da tía Xenerosa) trasládase para o Instituto de Ourense.[1]

En 1906 o Goberno comisionouno para estudar a organización de Ministerio de Fomento en Francia, Bélxia e Italia, ano no que publicou o seu primeiro libro El histrionismo español. En 1909, a Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas concedeulle unha bolsa de estudos, que utilizou para trasladarse á Universidade de Leipzig, onde foi discípulo de Wilhelm Wundt, sob cuxa dirección preparou un traballo de psicoloxía experimental. Posteriormente trasladouse á Universidade de Jena, onde foi discípulo de Rudolf Christoph Eucken. André mantería, posteriormente, relacións profesionais de amizade e profesionais con ambos filósofos alemáns.

Retornou a España a fins de 1910 para tentar de novo acceder a algunha cátedra universitaria, por exemplo a de Metafísica da Universidade Central, que finalmente gañou José Ortega y Gasset. Porén a concesión dunha nova bolsa pola Junta de Ampliación de Estudios fixo que volvese novamente a Leipzig. Ao regresar para España, retomou o seu posto en Ourense en 1912, onde creou un laboratorio de psicoloxía experimental. En 1913 o Goberno pensionouno catro meses para estudar o funcionamento do ensino secundario en Francia, Bélxica e Prusia.[1]

En 1914 pasou ao instituto de Toledo. Neses anos interesouse polos movementos galeguistas, pero nunca tivo unha militancia activa. En 1918 opositou para o Instituto Cardenal Cisneros, logrando por fin residir en Madrid, que era o que desexaba desde había anos.

Obra

Ao longo da súa vida Eloy Luís André publicou unha obra que se pode cualificar de extensa. As súas publicacións atenden a varias vertentes básicas: os manuais de ensino, as publicacións de psicoloxía, os problemas educativos e os libros de creación filosófica propia, destacando neste sentidos os seus ensaios sobre mentalidade colectiva, talvez influído polo interese de Wundt na psicoloxía dos pobos. Outra faceta de André levouno a escribir artigos de economía, espallados en revistas e xornais.

Listaxe de publicacións

Galleguismo. Lucha por la personalidad nacional y la cultura.
  • El histrionismo español. Barcelona. 1906.[3]
  • Ética española, problemas de moral contemporánea. Madrid. 1910.[4]
  • La mentalidad alemána. Madrid. 1914.[5]
  • La cultura alemana. Madrid, 1916.[6]
  • La educación de la adolescencia. Madrid. 1916.[7]
  • Dos idearios y dos democracias. Madrid. 1919.[8]
  • Sistema de Filosofía de los Valores. Toledo. 1919.[8]
  • Elementos de Psicología. Madrid. 1919.[8]
  • Ética individual y social. Madrid. 1920.[9]
  • Nociones de educación cívica, jurídica y económica. Madrid. 1921.[8]
  • Resumen de educación cívica, jurídica y económica. Madrid. 1924.[10]
  • Nociones de psicología experimental. Madrid. 1924.[11]
  • Sistema de Filosofía de los Valores. Lógica. Morfología mental. Madrid. 1925.[12]
  • El ferrocarril del Príncipe de Asturias. Madrid. 1926.[13]
  • El espíritu nuevo en la educación española. Madrid. 1926.[14]
  • Deontología. Breviario de Moral Práctica. Madrid. 1928.[15]
  • Rudimentos de Derecho español. Madrid. 1929.[16]
  • Ideario político de Espinosa. Análisis, comentario y crítica del ‘Tratado Teológico Político’. Madrid. 1930.[8]
  • Psicología experimental. Madrid. 1931.[17]
  • Españolismo: prasologio: pueblo y conciencia nacional. Madrid. 1931.[18]
  • Galleguismo. Lucha por la personalidad nacional y la cultura. Ensaios. Madrid. 1931.[19]
Obras colectivas
  • Velada en honor de Benito Espinosa. Madrid. 1930.[20]
Placa dunha rúa de Vilardevós.
Traducións

André fixo ademais varias traducións, desde o alemán e o francés:

  • Léxico de filosofía, de Alejo Bertrand[b], 1908.[8]
  • Filósofos contemporáneos, de Harald Høffding, 1909.[21]
  • Introducción a la Filosofía I e II, de Guillermo Wundt, 1911 e 1912.[22]
  • La vida. Su valor y su significación, de Rodolfo Eucken, 1912.[8]
  • Sistema de Filosofía Científica, 2 tomos, de Guillermo Wundt, 1913.[8]

Outros aspectos

O escritor galego Silvio Santiago, realizou un breve retrato humano dun André xa entrado en anos, no seu libro Vilardevós (1961, Galaxia).

Galería de imaxes

Notas

  1. Luís é apelido, aínda que el adoitaba asinar como "Eloy L. André" e sempre foi coñecido como André.
  2. Alejo Bertrand é o nome castelanizado de Alexis Bertrand (1850-1923).

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas