Xenreira: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Outros artigos: +control autoridades using AWB
Moedagalega (conversa | contribucións)
* él > el.
Liña 7: Liña 7:


==Punto de vista filosófico==
==Punto de vista filosófico==
En relación coa [[filosofía]], [[Empédocles]] foi un dos primeiros filósofos que fixo un estudo completo sobre a xenreira, a cal para él era unha forza cósmica oposta ao amor ou á [[amizade]], e é a causa da súa separación. O amor e a xenreira exercen o seu predominio por ciclos: cando un domina, o outro retírase.
En relación coa [[filosofía]], [[Empédocles]] foi un dos primeiros filósofos que fixo un estudo completo sobre a xenreira, a cal para el era unha forza cósmica oposta ao amor ou á [[amizade]], e é a causa da súa separación. O amor e a xenreira exercen o seu predominio por ciclos: cando un domina, o outro retírase.


Segundo [[Aristóteles]] este [[sentimento]] é un [[Desexo (filosofía)|desexo]] de aniquilación dun obxecto, que non pode ser curado polo tempo.
Segundo [[Aristóteles]] este [[sentimento]] é un [[Desexo (filosofía)|desexo]] de aniquilación dun obxecto, que non pode ser curado polo tempo.

Revisión como estaba o 15 de xaneiro de 2020 ás 12:41

A actriz Bette Davis sentía unha pública antipatía cara Joan Crawford e iso foi canalizado nunha película, What Ever Happened to Baby Jane?, onde actúan xuntas.

A xenreira é un sentimento polo cal se lle colle mala vontade ou mala disposición de ánimo a algo ou alguén. Pode ser moi variada, xa que se pode expresar a través dunha fonda antipatía cara cousas, persoas, fenómenos ou situacións.

As persoas tratan de evitar ou destruír aquilo ao que lle teñen este sentimento, e no caso de que llo teñan a outra persoa, pode ser reflectido mediante insultos ou agesións físicas. Tamén pode xerar sentimentos de destrución, destrución do equilibrio harmónico, e incluso pode chegar até a autodestrución. É considerado o oposto ao amor.

Algunhas explicacións desta sensación aparecen xa nas orixes da cultura grega, sobre o 2000 A.C.

Punto de vista filosófico

En relación coa filosofía, Empédocles foi un dos primeiros filósofos que fixo un estudo completo sobre a xenreira, a cal para el era unha forza cósmica oposta ao amor ou á amizade, e é a causa da súa separación. O amor e a xenreira exercen o seu predominio por ciclos: cando un domina, o outro retírase.

Segundo Aristóteles este sentimento é un desexo de aniquilación dun obxecto, que non pode ser curado polo tempo.

Diferentes puntos de vista

Para Charles Darwin, as raíces da xenreira estaban na vinganza e na defensa dos propios intereses. Segundo o psicólogo Erich Fromm, este sentimento xorde como resposta a unha ameaza.

O historiador Isaiah Berlin falaba da xenreira focalizándoa nun grupo; por exemplo a xenofobia, e debido a un sentimento de humillación que experimenta un grupo de xente causado por outro.

Tipos de xenreira

  • Irracional: coma o seu nome indica, este tipo é o que fai que as persoas non teñan a capacidade de pensar ou razoar, por iso se unha persoa sente xenreira irracional cara algo ou alguén, non pensará se é realmente o que está a notar.

Véxase tamén

Outros artigos