Illas Caimán: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0 |
||
Liña 94: | Liña 94: | ||
* {{cite web |
* {{cite web |
||
| url = http://www.caribbeanmag.com/search/articles/Cayman_Islands/History_of_the_cayman_islands.html |
| url = http://www.caribbeanmag.com/search/articles/Cayman_Islands/History_of_the_cayman_islands.html |
||
| title = History of the Cayman Islands |
| title = History of the Cayman Islands |
||
| work = Caribbean Magazine |
| work = Caribbean Magazine |
||
| data-acceso = 15 de agosto de 2019 |
|||
| urlarquivo = https://web.archive.org/web/20110511093510/http://www.caribbeanmag.com/search/articles/Cayman_Islands/History_of_the_cayman_islands.html |
|||
| dataarquivo = 11 de maio de 2011 |
|||
| urlmorta = si |
|||
}} |
}} |
||
* {{cite web |
* {{cite web |
Revisión como estaba o 26 de agosto de 2019 ás 00:28
Coordenadas: 19°30′N 80°30′O / 19.500, -80.500 Modelo:País As Illas Caimán (en inglés, Cayman Islands) son un territorio do Reino Unido nas chamadas Indias Occidentais (Caribe), composto por 3 illas: Grand Cayman, Cayman Brac, e Little Cayman.
Historia
As illas descrubiunas Cristóbal Colón o 10 de maio de 1503 na súa cuarta e última viaxe a América. España cedeunas, xunto coa veciña Xamaica, a Gran Bretaña en 1670 baixo o Tratado de Madrid. As illas e máis a Xamaica gobernáronse como unha única colonia ata 1963 cando se separaron administrativamente.
Xeografía
As Illas Caimán localízanse na parte occidental do mar Caribe, a uns 240 quilómetros ao sur de Cuba e a uns 290 quilómetros ao noroeste de Xamaica. O arquipélago componse principalmente de tres illas: Gran Caimán, Caimán Brac, e Caimán Menor, sendo Gran Caimán a máis extensa cun área de 197 km². As dúas outras illas, Caimán Brac e Caimán Menor, situadas 145 quilómetros ao leste de Gran Caimán, teñen unha extensión de 36 km² e 26 km² respectivamente.
Non salientan accidentes xeográficos nas illas, a excepción do cantil "The Bluff" en Cayman Brac, que se eleva a máis de 40 metros sobre o nivel do mar, sendo o punto máis alto da illa.
Demografía
En xullo de 2000 contabilízanse nas Illas Caimán 34.763 habitantes, dos cales algo máis da metade son nacidos nas illas. O 60% da poboación é de raza mixta, e o 40% restante divídese a partes iguais entre os caucásicos e os descendentes de africanos. A poboación considérase case exclusivamente cristiá, cunha gran porcentaxe de anglicanos e de prebisterianos.
A maior parte dos habitantes das illas reside na illa Gran Caimán, mentres que en Caimán Brac só viven uns 2.000 e en Caimán Menor uns 200. Aproximadamente un cuarto da poboación caimana abandonou o país debido á chegada do furacán Iván.
A capital e cidade máis poboada das illas é George Town, localizada na costa leste de Gran Caimán.
Economía
As Illas Caimán son un paraíso fiscal. Así, moitas empresas teñen a súa sede nas illas, aproveitando a non existencia de impostos directos. A outra actividade económica de importancia é o turismo debido ás paisaxes de súas praias. O nivel de vida de seus habitantes é un dos máis altos do Caribe.
Notas
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illas Caimán |
Bibliografía
- Boultbee, Paul G. (1996). Cayman Islands. Oxford: ABC-Clio Press. ISBN 9781851092406. OCLC 35170772.
- "History of the Cayman Islands". Caribbean Magazine. Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2011. Consultado o 15 de agosto de 2019.
- "Cayman Islands". 2005 CIA World Factbook. Consultado o 4 July 2005. Originally from the CIA World Factbook 2000.
- Michael Craton and the New History Committee (2003). Founded upon the Seas: A History of the Cayman Islands and Their People. Kingston, Jamaica: Ian Randle Publishers. ISBN 0-9729358-3-5.
- "Non-Self-Governing Territories listed by General Assembly in 2002". United Nations Special Committee of 24 on Decolonization. Arquivado dende o orixinal o 3 December 2008. Consultado o 4 July 2005.
Outros artigos
Ligazóns externas
- Goberno das Illas Caimán (en inglés)
- Cayman Islands Department of Tourism
- Cayman Islands Travel Guide
- Wikimedia Atlas de Cayman Islands.
- Cayman Islands Film Commission
- "Cayman Islands". The World Factbook (2024 ed.). Central Intelligence Agency.
- Cayman Islands from UCB Libraries GovPubs.
- Illas Caimán en Curlie (en inglés)
- Cayman National Cultural Foundation