Helmut Kohl: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 57: Liña 57:
[[Categoría:Nados en 1930]]
[[Categoría:Nados en 1930]]
[[Categoría:Finados en 2017]]
[[Categoría:Finados en 2017]]
[[Categoría:Premio Carlomagno]]

Revisión como estaba o 10 de outubro de 2018 ás 00:21

Modelo:Infpolitico Helmut Joseph Michael Kohl, nado en 3 de abril de 1930 e finado o 16 de xuño de 2017, é un político e estadista alemán. Desempeñou o cargo de chanceler de Alemaña entre o 1 de outubro de 1982 e o 27 de outubro de 1998. Ata o 3 de outubro de 1990, data da unión das dúas Alemañas, foi só chanceler da República Federal de Alemaña, e a partir dese momento da Alemaña unida. Tamén dirixiu o partido Unión Demócrata Cristiá (CDU) entre 1973 e 1998. Morreu o 16 de xuño de 2017 aos 87 anos de idade.

Biografía

Nacido en Ludwigshafen no seo dunha familia católica e conservadora, Kohl foi alistado na Wehrmacht (o exército regular da Alemaña nazi) e loitou, sendo aínda adolescente, no período final da Segunda Guerra Mundial.

Estudou na Universidade de Heidelberg, onde se doutorou en Historia e Ciencia Política.

Casou con Hannelore Renner, á que coñeceu cando contaba apenas 15 anos, coa que tivo dous fillos. O 5 de xullo de 2001 Hannelore foi achada morta na súa casa en Ludwigshafen. Casou despois con Maike Richter, o 2008.

Carreira política

Kohl incorporouse á CDU en 1947. En 1958 se doutorou en Historia cunha tese titulada O desenvolvemento político no Palatinado e o resurgimiento dos partidos logo de 1945. Entre 1969 e 1976 foi primeiro ministro do estado federado de Renania-Palatinado, pasando a continuación a ser membro do Parlamento federal como líder da oposición cristián-demócrata contra o goberno do socialdemócrata Helmut Schmidt. Foi candidato da CDU á chancelería nas eleccións federales de 1976, nas que se impuxo o SPD.

O 1 de outubro de 1982 Kohl sucedeu a Helmut Schmidt como chanceler a través dunha moción de confianza, na que o Partido Liberal de Alemaña (FDP), que ata ese momento apoiara aos socialdemócratas, cambiou de alianza e apoiou aos democristianos. Nos primeiros días do seu goberno, Kohl tivo que enfrontarse a unha dura oposición por parte dos socialdemócratas: os seus adversarios políticos referíanse a el a miúdo co alcume despectivo de "Birne" ('pera', en alemán), xa que a cabeza do chanceler representábase nas caricaturas da época con esa forma. Inicialmente Kohl ofreceu unha imaxe débil, pero pronto se viu que se trataba dun político decidido.

Kohl é o chanceler de Alemaña que durante máis tempo ocupou o cargo, exceptuando a Otto von Bismarck (que o foi durante 19 anos). O 27 de outubro de 1998 sucedeulle no posto Gerhard Schröder tras unha importante vitoria do SPD nas eleccións daquel ano.

Notas


Predecesor:
Helmut Schmidt
 
Chanceler da República Federal Alemá
 
1982 - 1998
Sucesor:
Gerhard Schröder