Helmut Schmidt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

 

Helmut Schmidt
Helmut Schmidt (13.07.1977).jpg
Nome completoHelmut Heinrich Waldemar Schmidt
Nacemento23 de decembro de 1918
Lugar de nacementoHamburgo
Falecemento10 de novembro de 2015
Lugar de falecementoHamburgo
Causadoença arterial periférica
SoterradoCemitério de Ohlsdorf
NacionalidadeRepública de Weimar, Alemaña nazi e Alemaña
Relixiónluteranismo
Alma máterUniversidade de Hamburgo e Klindworth-Scharwenka Conservatory
Ocupaciónpolítico, economista, funcionario, escritor de non ficción, escritor, estadista, editor e Ministro
PaiGustav Ludwig Schmidt
NaiLudovica Schmidt
CónxuxeLoki Schmidt
FillosSusanne Schmidt
Premioscidadán de honor de Berlín, Orden wider den tierischen Ernst, Eric-M.-Warburg-Award, Iron Cross 2nd Class, Four Freedoms Award - Freedom Medal, Prêmio Hanns Martin Schleyer, Ewald von Kleist award, honorary citizen of Hamburg, Global Economy Prize, Oswald-von-Nell-Breuning Award, Leipzig International Mendelssohn Prize, honorary doctorate of Haifa University, honorary doctorate from the University of Cambridge, Honorary doctor of the University of Oxford, honorary doctor of Harvard University, Honorary doctor of the Katholieke Universiteit Leuven, Theodor Heuss Preis, honorary citizen of Bonn, Point Alpha Prize, Osgar, Grande Cruz do Mérito da República Federal da Alemanha, Financial Times Person of the Year, doutor honoris causa, honorary doctor of the University of Marburg, cidadanía honoraria e cidadanía honoraria
Na rede
IMDB: nm0772979 Allocine: 237390
Musicbrainz: 38d388d7-8a32-4ac0-be9f-9f5bd6d39305 Discogs: 817480 WikiTree: Schmidt-5094 Find a Grave: 154830046 Editar o valor em Wikidata
Helmut Schmidt Signature.svg
editar datos en Wikidata ]

Helmut Heinrich Waldemar Schmidt, máis coñecido como Helmut Schmidt, nado o 23 de decembro de 1918 en Hamburgo e finado ibídem o 10 de novembro de 2015, foi un político alemán. Foi chanceler da República Federal de Alemaña de 1974 a 1982.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Helmut Schmidt rematou a escola en 1937 co Abitur (Selectividade). Despois tivo que incorporarse ao servizo obreiro e máis tarde ao exército nazi. Ao final da Segunda guerra mundial, era Primeiro Tenente. Quedou prisioneiro de guerra en 1945.

Despois de ser posto en liberdade, comezou a estudar macroeconomía. Rematou os seus estudos en 1949. Despois comezou a traballar para a administración de Hamburgo.

Schmidt uniuse ao Partido Socialdemócrata de Alemaña en 1949. En 1953, converteuse en membro do Bundestag por primeira vez. De 1961 a 1965, foi senador do goberno de Hamburgo.

De 1969 a 1972, foi ministro de Defensa da Alemaña Occidental. De 1972 a 1974 foi ministro de Facenda.

Despois de que Willy Brandt renunciase ao seu traballo como Bundeskanzler, Helmut Schmidt foi elixido novo chanceler.

En 1975 participou na Conferencia sobre Seguridade e Cooperación en Europa asinando a Acta de Helsinqui.

En xullo de 2013, descubriuse que Schmidt comprou 38.000 cigarros por temor a que fosen prohibidos en Europa.[1]

Schmidt morreu en Hamburgo o 10 de novembro de 2015, con cerca de 97 anos, por complicacións dunha cirurxía para retirar un coágulo de sangue.[2] [3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Former_German_Leader_Helmut_Schmidt_buys_38_000_menthol_cigarettes_to_avoid_EU_ban". TheCommentator.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2013. Consultado o 19 de xaneiro de 2023. 
  2. "News; World; Europe". BBC (en inglés). 
  3. tagesschau.de. "Eilmeldung". tagesschau.de (en alemán). Consultado o 2023-01-19. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]