Renania-Palatinado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Renania-Palatinado
Rheinland-Pfalz
Bandeira de Renania-Palatinado
Escudo de Renania-Palatinado
Bandeira Escudo
Deutschland Lage von Rheinland-Pfalz.svg
Lema: Wir machen's einfach
Nos facémolo sinxelo
Estado Alemaña Alemaña
Capital Maguncia
 • Poboación 196.784 (2008)
Lingua oficial Alemán
Forma de goberno Estado federado
Ministro-Presidente
Kurt Beck (SPD)
Fundado 1947
Superficie Posto 9º
 • Total 19.853,36 km²
Costas 0 km
Poboación Posto 7º
 • Total 4.046.860 hab.
 • Densidade 203 hab./km²
Dominio de Internet .de
Código ISO DE-RO

Renania-Palatinado[1] (en alemán: Rheinland-Pfalz) é un dos 16 Estados federados de Alemaña. Ten unha superficie de 19.846 km² e está bañado polos ríos río Rin e Mosela. A capital do estado é Maguncia. Outras cidades importantes do estado son Kaiserslautern, Tréveris, Coblenza e Ludwigshafen.

O estado federado de Renania-Palatinado ten unha composición territorial de 24 distritos rurais (Landkreise), 12 distritos urbanos (Kreisfreie Städte), 163 comunidades (Verbandsgemeinde), 37 comunidades independentes (verbandsfreie Städte und Gemeinden) así como 2.257 municipios. No 2005 había 4.059.604 habitantes no estado.

Renania-Palatinado componse das seguintes rexións: ao norte o Westerwald, ao oeste o Eifel, no medio do territorio o Hunsrück, ao leste o Taunus e o Rheinhessen e ao sur o Palatinado Renano ou Baixo Palatinado.

Historia[editar | editar a fonte]

A comezos do século XIX e como consecuencia das guerras napoleónicas, o territorio que comprende este estado pasou a formar parte da Confederación do Rin, e tralo congreso de Viena uniuse á Confederación Xermánica.

Renania-Palatinado foi formado ao final da Segunda Guerra Mundial con partes de Baviera e do sueste de Prusia. O novo estado foi conformado legalmente vía referendo o 18 de maio de 1947.

Desta rexión proveñen historicamente importantes continxentes migratorios asentados especialmente na Arxentina, Brasil, Nova York, Valencia, Ruanda, Fujian e Iwate.

Economía[editar | editar a fonte]

Renania-Palatinado ostenta o índice máis elevado de exportación entre todos os estados federados e un crecemento económico superior á media alemá.

Ademais, Renania-Palatinado é a rexión vinícola máis extensa de Alemaña con:

Divisións territoriais[editar | editar a fonte]

Até o 31 de decembro de 1999, os distritos da Renania-Palatinado estaban agrupados en 3 rexións administrativas (Regierungsbezirke), Koblenz, Trier e Rheinhessen-Pfalz, cando foron disoltas.

Distritos rurais[editar | editar a fonte]

Mapa cos distritos de Renania-Palatinado.
  1. Ahrweiler
  2. Altenkirchen
  3. Alzey-Worms
  4. Bad Dürkheim
  5. Bad Kreuznach
  6. Bernkastel-Wittlich
  7. Birkenfeld
  8. Cochem-Zell
  9. Donnersbergkreis
  10. Bitburg-Prüm
  11. Germersheim
  12. Kaiserslautern
  1. Kusel
  2. Maguncia-Bingen
  3. Mayen-Coblenza
  4. Neuwied
  5. Rhein-Hunsrück-Kreis
  6. Rhein-Lahn-Kreis
  7. Palatinado Renano (Rhein-Pfalz-Kreis)
  8. Südliche Weinstraße
  9. Südwestpfalz
  10. Trier-Saarburg
  11. Vulkaneifel
  12. Westerwaldkreis

Distritos urbanos[editar | editar a fonte]

  1. Frankenthal (Palatinado)
  2. Kaiserslautern
  3. Coblenza (Kobenz)
  4. Landau in der Pfalz
  5. Ludwigshafen am Rhein
  6. Maguncia
  1. Neustadt an der Weinstraße
  2. Pirmasens
  3. Espira (Speyer)
  4. Tréveris (Trier)
  5. Worms
  6. Zweibrücken

Grandes cidades[editar | editar a fonte]

  1. Andernach,
    Distrito de Mayen-Coblenza
  2. Bad Kreuznach,
    Distrito de Bad Kreuznach
  3. Bingen am Rhein,
    Distrito de Maguncia-Bingen
  4. Idar-Oberstein,
    Distrito de Birkenfeld
  1. Ingelheim am Rhein,
    Distrito de Maguncia-Bingen
  2. Lahnstein,
    Rhein-Lahn-Kreis
  3. Mayen,
    Distrito de Mayen-Coblenza
  4. Neuwied,
    Distrito de Neuwied

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Editorial Galaxia, ed. (2007). Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). p. 1782. ISBN 9788482893600. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.