Afonso Eanes do Coton: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 15: | Liña 15: | ||
|Afons’ Eanes de Coton<ref>Cantiga atribuída a Afonso Eanes do Coton e recollida dentro do primeiro volume da ''Lírica profana galego-portuguesa'', publicado polo Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro.</ref>}} |
|Afons’ Eanes de Coton<ref>Cantiga atribuída a Afonso Eanes do Coton e recollida dentro do primeiro volume da ''Lírica profana galego-portuguesa'', publicado polo Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro.</ref>}} |
||
== |
== Notas == |
||
{{Listaref}} |
{{Listaref}} |
||
Revisión como estaba o 19 de maio de 2016 ás 15:15
Afonso Eanes do Coton foi un trobador galego, activo nas cortes de Fernando III e Afonso X; o seu trazo máis acusado é o realismo. Suponse que naceu a finais do século XII en Negreira, onde está o pazo do Cotón.
Consérvanse del catorce cantigas de escarnio e maldizer, dúas cantigas de amigo e dúas tenzóns, as dúas con Pero da Ponte, o seu discípulo e futuro asasino. Amais, hai dúbidas respecto á autoría de dúas pezas de escarnio e maldizer (quizais escritas por el ou por Pero Viviães), unha cantiga de amor (escrita por el ou por Airas Engeitado) e outra de amigo (escrita quizais por Paio Soares de Taveirós).
Para os seus contemporáneos era un vividor de moi má reputación, abarregado cunha tal María Pérez Balteira de fama aínda peor que a súa.
Mari’ Mateu, ir-me quer eu daquen
por que non poss’ un cono baratar
tan desejosa ch’és de cono com’ eu!
alguen que me o daria nõno ten,
e algu[a] que o ten non mi o quer dar
[...]
Mari’ Mateu, Mari’ Mateu,
Afons’ Eanes de Coton[1]
Notas
- ↑ Cantiga atribuída a Afonso Eanes do Coton e recollida dentro do primeiro volume da Lírica profana galego-portuguesa, publicado polo Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro.
Bibliografía
- F. Fernandez del Riego, Historia da Literatura. Vigo: Editorial Galaxia, 1984.