Frigg: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Rei-bot (conversa | contribucións)
m robot Añadido: ko:프리그
FlaBot (conversa | contribucións)
m robot Añadido: tr:Frigg
Liña 37: Liña 37:
[[simple:Frigg]]
[[simple:Frigg]]
[[sv:Frigg]]
[[sv:Frigg]]
[[tr:Frigg]]
[[zh:弗丽嘉]]
[[zh:弗丽嘉]]

Revisión como estaba o 17 de maio de 2007 ás 03:31

Frigg -tamén chamada Frigga, Fricca e Friia- é a deusa do amor, a fertilidade e a fidelidade conxugal. O seu nome significa "a amada". Forma parte da trindade formada por Freia, Iord e ela mesma.

É asociada á figura da esposa, e polo tanto da fertilidade, pero tamén se asocia co agro, a gandeiría, as tarefas domésticas e as batallas principalmente. Frigg pode ser considerara como a terra habitada, cultivada e a morada do home.

A súa orixe é bastante confusa, crese que é filla da Nai Terra (Iord). É esposa de Odín e nai de Balder, Bragi, Hermod e Thor. Frigg coñece o futuro, pero non pode revelalo. Vive con Odín no Virigolf, o paraíso onde van as almas dos xustos, no palacio de Hlidskialf, na sala de Fensalir (da lagoa). Como Freia, é afeccionada ás xoias.