Cornualla: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sernostri (conversa | contribucións)
Dende hoxe os córnicos etán recoñecidos como unha minoría nacional no Reino Unido.
Liña 42: Liña 42:
| código_ISO = GB-CON
| código_ISO = GB-CON
}}
}}
'''Cornualles'''{{cómpre referencia}} (''Cornwall'', en [[Lingua inglesa|inglés]]; ''Kernow'' en [[lingua córnica|córnico]]) é un [[condado]] administrativo e cerimonial, considerado ás veces como unha nación polos seus habitantes, que ocupa unha grande parte da península do [[península de Cornualles|mesmo nome]], constituíndo o extremo sudoccidental de [[Inglaterra]].
'''Cornualles'''{{cómpre referencia}} (''Cornwall'', en [[Lingua inglesa|inglés]]; ''Kernow'' en [[lingua córnica|córnico]]) é un [[condado]] administrativo e cerimonial, que ocupa unha grande parte da península do [[península de Cornualles|mesmo nome]], constituíndo o extremo sudoccidental de [[Inglaterra]]. Os seus habitantes, os córnicos, están recoñecidos como unha minoría nacional polo Reino Unido desde o 24 de abril de 2014<ref>[http://www.independent.co.uk/news/uk/politics/cornish-people-formally-declared-a-national-minority-along-with-scots-welsh-and-irish-9278725.html "Cornish to be recognised as a national minority along with Scots, Welsh and Irish"] ''The Independent'', 24 de abril de 2014</ref>.


As súas costas, recortadas, son bañadas polo [[mar Céltico]] ó norte e oeste e polo [[Canal da Mancha]] ó sur, e culminan na parte oeste, no chamado Fin da Terra, que equivalería á [[Fisterra]] galega ou á [[Finistèrre]] bretoa.
As súas costas, recortadas, son bañadas polo [[mar Céltico]] ó norte e oeste e polo [[Canal da Mancha]] ó sur, e culminan na parte oeste, no chamado Fin da Terra, que equivalería á [[Fisterra]] galega ou á [[Finistèrre]] bretoa.
Liña 73: Liña 73:
== Bandeira ==
== Bandeira ==
Hai discusións sobre quen é o patrón de Cornualles: [[Arcanxo Miguel|San Miguel]], [[San Petroc]] ou [[San Piran]]. San Piran é o máis popular: o seu emblema (unha cruz branca sobre campo negro) está recoñecido como a bandeira de Cornualles, se ben non oficialmente (os condados non teñen bandeira) e o seu día ([[5 de marzo]]) é celebrado polos córnicos de todo o mundo.
Hai discusións sobre quen é o patrón de Cornualles: [[Arcanxo Miguel|San Miguel]], [[San Petroc]] ou [[San Piran]]. San Piran é o máis popular: o seu emblema (unha cruz branca sobre campo negro) está recoñecido como a bandeira de Cornualles, se ben non oficialmente (os condados non teñen bandeira) e o seu día ([[5 de marzo]]) é celebrado polos córnicos de todo o mundo.
== Notas ==

{{Listaref}}
== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
=== Ligazóns externas ===

Revisión como estaba o 24 de abril de 2014 ás 14:38

Coordenadas: 50°18′N 4°54′O / 50.3, -4.9 Modelo:Primeira entidade subestatal Cornualles[Cómpre referencia] (Cornwall, en inglés; Kernow en córnico) é un condado administrativo e cerimonial, que ocupa unha grande parte da península do mesmo nome, constituíndo o extremo sudoccidental de Inglaterra. Os seus habitantes, os córnicos, están recoñecidos como unha minoría nacional polo Reino Unido desde o 24 de abril de 2014[1].

As súas costas, recortadas, son bañadas polo mar Céltico ó norte e oeste e polo Canal da Mancha ó sur, e culminan na parte oeste, no chamado Fin da Terra, que equivalería á Fisterra galega ou á Finistèrre bretoa.

O tamén coñecido como país do estaño está ó oeste do condado de Devon, sendo o río Tamar a súa fronteira. A estrada principal que mediante a que se comunica co resto da illa de Gran Bretaña é a A38, que cruza o Tamar en Plymouth grazas á Ponte do Tamar; e a A30 que cruza a fronteira sur do Launceston. Un transbordador tamén une Plymouth coa cidade de Torpoint ó outro lado do Hamoaze. Unha ponte ferroviaria (a Royal Albert Bridge), construída por Brunel en 1859, completa a outra gran vía de transporte.

As illas Sorlingas (Isles of Scilly) están asociadas a Cornualles.

Cornualles é tamén un ducado pertencente á Coroa Británica que ten asociado o título de Duque de Cornualles. O moderno ducado é propietario do 2% do territorio, así como outras grandes áreas ó longo de Gran Bretaña.

Na actualidade, este título osténtao Camilla Mountbatten-Windsor (Camilla Parker-Bowles denantes da súa voda co príncipe de Gales, Carlos de Inglaterra).

Política e lingua

Os nacionalistas córnicos están organizados en dous partidos políticos: Mebyon Kernow e o Cornish Nationalist Party. Tamén hai un movemento partidario da autonomía que recolleu 50.000 sinaturas.

A lingua córnica está emparentada co galés e o bretón, formando as tres o grupo britónico de linguas celtas, distinguíndose do grupo goidélico que forman o irlandés, gaélico escocés e manx. Foi lingua viva até 1777 sendo Dolly Pentreath a derradeira persoa monolingüe. A publicación de "Handbook of the Cornish Language" en 1904 provocou un interese por revivila.

Pese a que non se realizou ningún censo ó respecto, suponse que hai unhas 2.000 persoas que falan o idioma, aínda que só unhas 100 o fan fluidamente. Recentemente o goberno británico recoñeceuna como idioma minoritario.

Algúns apelidos teñen os prefixos Tre, Pol, ou Pen, e como di o seu dito "por Tre, Pol e Pen saberás quen é córnico."

Historia

O nome inglés moderno deriva do nome tribal Cornovii e da palabra anglosaxoa wealas. Cornovii é moi probable que signifique pobo da península. Wealas é tamén a orixe do nome Gales. En córnico é nomeado como Kernow.

Cornualles foi a principal fonte de abastecemento de estaño para as civilizacións do Mediterráneo antigo, sendo coñecida como as Casitérides e unha vez os córnicos foron considerados os maiores mineiros do mundo. Cando as reservas de estaño se esgotaron, emigraron a lugares como América (Estados Unidos e Arxentina principalmente), Australia, Nova Zelandia e Sudáfrica. Moitas palabras córnicas relacionadas coa minería pasaron ó inglés como costean, gunnies, e vug.

Dende o declive da minería, agricultura e pesca, a economía vén decantándose polo turismo, grazas a unhas das máis espectaculares costas do mundo. Así as cousas, a economía está deprimida e a rexión foi recoñecida pola Unión Europea como unha das do Obxectivo 1.

Bandeira

Hai discusións sobre quen é o patrón de Cornualles: San Miguel, San Petroc ou San Piran. San Piran é o máis popular: o seu emblema (unha cruz branca sobre campo negro) está recoñecido como a bandeira de Cornualles, se ben non oficialmente (os condados non teñen bandeira) e o seu día (5 de marzo) é celebrado polos córnicos de todo o mundo.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas