Plutón: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.3) (Bot: Engado: am:ፕሉቶ
Nallimbot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Cambio pl:134340 Pluton por pl:(134340) Pluton
Liña 210: Liña 210:
[[os:Плутон (чысыл планетæ)]]
[[os:Плутон (чысыл планетæ)]]
[[pam:Pluto]]
[[pam:Pluto]]
[[pl:134340 Pluton]]
[[pl:(134340) Pluton]]
[[pnb:پلوٹو (نکا سیارہ)]]
[[pnb:پلوٹو (نکا سیارہ)]]
[[pt:Plutão]]
[[pt:Plutão]]

Revisión como estaba o 21 de febreiro de 2013 ás 00:19

Plutón ⯓ (♇)
Plutón
Plutón
Descubrimento
Descuberto por Clyde William Tombaugh
Descuberto o 18 de febreiro de 1930
Características orbitais
raio medio 5,91352×109 km
Excentricidade 0,24880766
Período orbital (sideral) 248 a 197 d 5,5 h
Período orbital (sinódico) 366,7 días
Velocidade orbital media 4,7490 km/s
Inclinación orbital 4,7490 °
Número de satélites 5
Características físicas
Diámetro ecuatorial 2320 km
Área superficial 17 000 000 km²
Masa 1,290 × 1022 kg
Densidade media 2050 kg/m3
Gravidade superficial 0,6 m/s2
Período de rotación 6 d 9 h 17,6 m
Oblicuidade da eclíptica 119,61 °
Albedo 0,30
Velocidade de escape 1,2 km/s
Temperatura superficial
mín. media máx.
33 K 44 K 55 K
Características atmosféricas
Presión atmosférica 0 - 0,01 kPa
Nitróxeno 90%
Metano 10%

Plutón é un planeta anano do Sistema Solar. Foi descuberto o 18 de febreiro de 1930 por Clyde William Tombaugh (1906-1997) dende o Observatorio Lowell en Flagstaff, Arizona. Consideróuselle planeta ata que a Unión Astronómica Internacional modificou a definición de planeta o 24 de agosto de 2006.

Órbita

A súa órbita é moi excéntrica, e durante 20 dos 249 anos que tarda en percorrela, está máis cerca do Sol ca Neptuno.

A órbita de Plutón tamén é a máis inclinada, 17º. Por iso non hai perigo de que se encontre con Neptuno. Cando as órbitas se cruzan, fano na proximidade dos seus extremos verticais, de xeito que hai unha grande distancia entre ambas.

A máxima aproximación (perihelio) foi en setembro de 1989. Plutón estivo máis próximo do sol ca Neptuno ata o mes de marzo de 1999. Non voltará cruzar a órbita de Neptuno para estar máis próximo do sol ca este ata setembro do 2226.

Satélites

Plutón ten actualmente 5 lúas: Hydra, S/2011 (134340) 1, Nix, S/2012 (134340) 1 e Caronte, esta última a máis grande das cinco e a máis interior. Caronte ten 1.192 km de diámetro e está a 19.640 km do planeta.

Imaxe do descubrimento de S/2012 (134340) 1 tomada polo Hubble, podemos ve-la lúa dentro dun circulo (P5), e o resto de lúas coas súas órbitas marcadas (excepto Caronte). Na imaxe, tanto a Plutón coma Caronte, foille reducido moito o seu brillo, para así poder aprecia-lo resto das lúas do sistema.

Co tempo, a gravidade freou as rotacións de Caronte e Plutón, polo que agora se presentan sempre a mesma cara mutuamente (rotación sincrónica. A rotación desta parella é única no Sistema Solar. O seu centro de masas está nun punto no espazo entre ambos corpos, máis achegado a Plutón, que ten 7 veces máis masa ca Caronte. Adoita dicirse que constitúen un planeta dobre.

As órbitas das lúas de Plutón son practicamente circulares e planas, "perfectamente aniñadas ... un pouco coma as bonecas rusas",[1] e as catro lúas máis pequenas, Hydra, S/2011 (134340) 1, Nix e S/2012 (134340) 1, forma parte dunha secuencia notable de quasi-resonancias de 1:3:4:5:6.[2]

Imaxes da lúa P4 obtidas polo Hubble

.

S/2011 (134340) 1

Artigo principal: S/2011 (134340) 1.

O 20 de xullo do 2011, Mark Showalter do instituto SETI anunciou o descubrimento da cuarta lúa de Plutón, provisionalmente bautizada como S/2011 (134340) 1. Foi descuberta polo Hubble Space Telescope durante unhas observacións en busca dalgún posible anel planetario que puidese posuír o planeta anano. Estímase que ten entre 13 e 34 km de diámetro e orbita entre Nix e Hydra.[3]

S/2011 (134340) 1 foi detectado nunha foto tomada o 28 de xuño do 2011 polo telescopio Hubble. E foi confirmada a súa existencia en imaxes tomadas posteriormente polo propio Hubble, concretamente os días 3 e 18 de xullo do mesmo ano.[3]

S/2012 (134340) 1

Artigo principal: S/2012 (134340) 1.

S/2012 (134340) 1[4][5] (tamén coñecida polo alcume de P5) é quinta lúa confirmada de Plutón, que foi descuberta o 26 de xuño do 2012, case xusto un ano despois do descubrimento de S/2011 (134340) 1 (ou "P4"), que foi a cuarta lúa descuberta no sistema de Plutón. Estimase que a lúa ten un diámetro de entre 10 a 25 km, e un período orbital de 20,2 ± 0,1 días.[6]

Posible orixe do sistema de satélites de Plutón

O sistema de lúas ó redor de Plutón é inesperadamente complexo e podería se-lo resultado dunha colisión no pasado distante entre Plutón e outro obxecto de tamaño considerable do cinto de Kuiper.[1] As lúas formaríanse a partir dos restos espallados tra-la colisión, moi posiblemente un evento destas características terían conducido ós obxectos que colisionaron, a unha perda da meirande parte dos xeos volátiles, tales coma os do nitróxeno ou do metano.[7] As lúas de Plutón poderían se-la fusión dos cascallos xurdidos a partir dun evento destas características, semellante á teoría do Big Splash, esta teoría formula que a creación da lúa terrestre foi a partir dunha gran colisión. As resonancias orbitais podería actuar coma fendas para recolle-los materiais espallados dentro do sistema de Plutón.[2]


Atmosfera

Plutón ten unha fina atmosfera, formada por nitróxeno, metano e monóxido de carbono, que xea e cae sobre a superficie cando se vai alonxando do Sol. A NASA prepara a misión “Pluto Express” para que chegue a Plutón o ano 2008, antes que xee a atmosfera (Serán un par de naves pequenas e rápidas que pasarán a menos de 15.000 km do planeta).

Notas

  1. 1,0 1,1 Maugh, Thomas H. II (11-07-2012). "Astronomers find fifth moon at Pluto". Consultado o 11-07-2012.  Parámetro descoñecido |ediotr= ignorado (Axuda)
  2. 2,0 2,1 Matson, J. (11-07-2012). "New Moon for Pluto: Hubble Telescope Spots a 5th Plutonian Satellite". Scientific American web site. Consultado o 12-07-2012. 
  3. 3,0 3,1 NASA, ed. (20-07-2011). "NASA's Hubble Discovers Another Moon Around Pluto". Consultado o 20-07-2011. 
  4. 134340 é o número asignado a Plutón por parte do Centro de Planetas Menores, asignado despois da degradación de Plutón a planeta anano acontecida no ano 2006.
  5. Than, K. (11-09-2006). "Pluto is Now Just a Number: 134340". Space.com. Consultado o 14-07-2012. 
  6. Sanders, Ray (11-07-2012). Phys.org, ed. "Hubble Space Telescope detects fifth moon of Pluto". Consultado o 11-07-2012. 
  7. Nemiroff, R.; Bonnell, J. (16-07-2012). "Fifth Moon Discovered Orbiting Pluto". Astronomy Picture of the Day. Consultado o 17-07-2012.  A referencia usa o parámetro obsoleto |coautores= (Axuda)

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas


Modelo:Link FA Modelo:Link FA Modelo:Link FA Modelo:Link FA