Clyde Tombaugh
![]() | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 4 de febreiro de 1906 Streator |
| Morte | 17 de xaneiro de 1997 Las Cruces |
| Relixión | Unitarismo universalista |
| Educación | Universidade de Kansas Universidade do Norte de Arizona Universidad Estatal de Kansas |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Astronomía |
| Ocupación | astrónomo, profesor universitario |
| Empregador | Universidade Estatal de Novo México Universidade de California, Os Ánxeles |
| Familia | |
| Cónxuxe | Patricia Tombaugh |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Astronomers: A Biographical Reference |
Clyde William Tombaugh, nado en 1906 e finado en 1997, foi un astrónomo norteamericano, máis coñecido pola súa descuberta do planeta anano Plutón, en 1930. Tamén foi o descubridor de moitos asteroides e axudou na investigación de Ovnis.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Streator, Illinois, a súa familia mudouse pouco despois para Kansas. Tombaugh construíu o seu propio telescopio e enviaba bosquexos das súas descubertas ó Observatorio Lowell. Grazas a isto tivo unha oferta de emprego. Tombaugh traballou no Observatorio Lowell de 1929 ata o 1945.
Despois de descubrir Plutón, Tombaugh recibiu a graduación en astronomía nas universidades de Kansas e de Arizona. Traballou tamén no campo dos mísiles de White Sands, e deu clases na Universidade Estatal de Novo México de 1955 ata a súa xubilación, en 1973.
