Erebo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Segundo a teogonía, Erebus, Érebos ou Érebo era a personificación da escuridade superior que se encontraba pouco máis fonda que o manto da noite eterna de Nix. É irmán de Nix e fillo de Caos. Esposou á irmá e con ela xerou os dous xemelgos Éter e Hemera.

Cóntase que os titáns pediran socorro a Érebo, mais Zeus deitouno con eles no inferno. Dese modo el tornouse a noite eterna do mundo dos mortos.

Na medida en que o pensamento mítico dos gregos se foi desenvolvendo, Érebo deu o seu nome a unha rexión do Hades por onde os mortos tiñan de pasar inmediatamente despois da morte, para entrar. Após Caronte facelos atravesar o río Aqueronte, entraban no Tártaro, o submundo propiamente dito.

Disque cando Erebus acordase do seu aprisionamento el sería o primeiro dos Sete Primordiais que levaría ao espertar a todos os outros, podendo así novamente erguer o seu reino que Tártaros, Nix, Urano e Caos axudaran a erguer en tempos mitolóxicos.


Nome propio. Personificación das tebras na mitoloxía grega, a miúdo identificado co deus dos mortos e rei dos infernos Hades e mesmo co seu propio reino de escuridade. Posuía o seu reino nas trebas máis fondas de todo o Universo