Érebo
| Érebo | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||
|
Venerado por
| |||||||
| Biografía | |||||||
|
Sexo
| |||||||
| Familia | |||||||
|
Nai
| |||||||
|
Pai
| |||||||
|
Cónxuxe
| |||||||
|
Irmá/n
| |||||||
| |||||||
| Wikidata | |||||||
Segundo a teogonía, Érebo [1], Erebo ou Erebus era a personificación da escuridade superior que se encontraba pouco máis fonda que o manto da noite eterna de Nix. É irmán de Nix e fillo de Caos. Esposou á irmá e con ela xerou os dous xemelgos Éter e Hémera.
Cóntase que os titáns pediran socorro a Érebo, mais Zeus deitouno con eles no inferno. Dese modo el tornouse a noite eterna do mundo dos mortos.
Na medida en que o pensamento mítico dos gregos se foi desenvolvendo, Érebo deu o seu nome a unha rexión do Hades por onde os mortos tiñan de pasar inmediatamente despois da morte, para entrar. Após Caronte facelos atravesar o río Aqueronte, logo de pagaren un óbolo, entraban no Tártaro, o submundo propiamente dito.
Disque cando Érebo acordase do seu aprisionamento el sería o primeiro dos Sete Primordiais que levaría ao espertar a todos os outros, podendo así novamente erguer o seu reino que Tártaro, Nix, Urano e Caos axudaran a erguer en tempos mitolóxicos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Enciclopedia Galega Universal, tomo 8, s. v. Érebo