Partido Demócrata Popular

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "PDP")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Partido Demócrata Popular
PDP.png
Historia
Fundación21 de xullo de 1982 1
Disolución4 de xuño de 1989 2
Posicións políticas
IdeoloxíaDemocracia cristiá[1]
Posición políticaCentrodereita
Outros datos
SedeC/ Cedaceros, 9 Madrid
1 Escisión de Unión de Centro Democrático.
2 Integración no Partido Popular.
Coaligado con Alianza Popular desde 1982 ata 1986.

O Partido Demócrata Popular foi un partido español de centro dereita, de inspiración democristiá, que se fundou en 1977 e que axiña quedou integrado na UCD, en 1982 antes das eleccións xerais os antigos dirixentes deixaron a UCD e refundaron o partido que se presentou ás eleccións en coalición con Alianza Popular.

Formou xunto a Alianza Popular e o Partido Liberal a Coalición Popular entre 1982 y 1986.

En 1986 o PDP rompeu os acordos con AP e o seu presidente Óscar Alzaga renunciou ao seu escano, presentouse en solitario ás eleccións municipais de 1987 conseguindo 319.519 votos e 1.520 concelleiros. Nas eleccións europeas tivo 170.866 votos. En 1989 dirixido por Javier Rupérez incorporouse ao Partido Popular.

Entre os seus principais dirixentes, ademais de Óscar Alzaga, atopábanse Jaime Mayor Oreja, Javier Arenas, José María Álvarez del Manzano e Jaime Ignacio del Burgo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Peter Matuschek (2004). Christian Democratic Parties in Europe since the End of the Cold War', Leuven University Press, pág. 246

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.