Saltar ao contido

Luis Álvarez Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLuis Álvarez Rodríguez
Biografía
Nacemento29 de novembro de 1915 Editar o valor en Wikidata
Ourense Editar o valor en Wikidata
Morte1981 Editar o valor en Wikidata (65/66 anos)
Ourense Editar o valor en Wikidata
Procurador nas Cortes
24 de xuño de 1974 – 4 de marzo de 1976
 Eduardo Olano GurriaránDavid Ferrer Garrido 
Presidente da Deputación de Ourense
febreiro de 1974 – 1976
 Eduardo Olano GurriaránDavid Ferrer Garrido  Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, avogado, militar Editar o valor en Wikidata

Arquivo Histórico de Deputados: 5470

Luís Álvarez Rodríguez, nado en Ourense o 29 de novembro de 1915 e finado na mesma cidade en 1981, foi un avogado e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Sobriño de Primitivo Rodríguez Sanjurjo. Fixo o bacharelato no Instituto de Ourense. Estudante de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 incorporouse ao exército sublevado e combateu na primeira División de Navarra e no grupo de Regulares de Tetuán. Licenciose en Dereiro na USC en 1943. Nos anos corenta alistouse na División Azul como capitán,[1][2] e cando retornou mandou unha compañía da Garda Civil durante uns anos e despois pasou á reserva.[3] Durante os anos de posguerra foi asesor xurídico da xefatura provincial do Movemento e comandante de Infantaría.[4]

Foi presidente da Cámara da Propiedade, da Deputación de Ourense (do 2 de febreiro de 1974 ata o 7 de xaneiro de 1976),[5][6] procurador en Cortes e presidente da Caixa de Aforros Provincial de Ourense (1974-1976). Foi un dos fundadores de Alianza Popular en Ourense.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • Encomenda con placa da Orde de Cisneros, 1974.[7]
  1. El Pueblo Gallego, 17-2-1944, p. 5.
  2. El Pueblo Gallego, 25-4-1957, p. 11.
  3. La Región, 3-2-1974, p.
  4. "Con Teresita en la Catedral". La Región (en castelán). 2008-09-12. Consultado o 2022-01-22.
  5. El Pueblo Gallego, 2-2-1974, p. 2.
  6. La Voz de Galicia, 2-2-1974, p. 9.
  7. El Pueblo Pallego, 27-10-1974, p. 17.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Eduardo Olano Gurriarán
 
Presidente da Deputación de Ourense
 
1974 - 1976
Sucesor:
David Ferrer Garrido