David Ferrer Garrido
David Ferrer Garrido | |
---|---|
Nacemento | 24 de abril de 1926 |
Lugar de nacemento | Ourense |
Falecemento | 7 de outubro de 1998 |
Lugar de falecemento | Ourense |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
Premios | Gran Cruz del Mérito Militar con distintivo blanco |
[ editar datos en Wikidata ] | |
David Ferrer Garrido, nado en Ourense[1] o 24 de abril de 1926 e finado na mesma cidade o 7 de outubro de 1998,[2] foi un político e dirixente ourensán.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo do comerciante e dirixente ourensán David Ferrer Quirós, Ferrer Garrido licenciouse en Químicas. Ingresou no consello de administración da Caixa de Aforros Provincial de Ourense en 1959. Catro anos despois, o 28 de setembro de 1963,[3] foi nomeado alcalde de Ourense logo da dimisión do xeneral Enrique Alonso Cuevillas, e ocupou a alcaldía ata abril de 1970. Deixou a alcaldía para pasar a ser presidente da Deputación de Ourense, primeiro ata 1973, e posteriormente de novo entre 1976 e 1978. Nesta última época tamén foi presidente do consello de administración da Caixa de Aforros, cargo ao que regresou na década dos noventa e no que permaneceu ata o seu falecemento.
Como alcalde e como presidente da Deputación foi procurador en Cortes entre 1963 e 1974.[4]
Predecesor: Enrique Alonso Cuevillas |
![]() Alcalde de Ourense 1963 - 1970 |
Sucesor: Ricardo Martín Esperanza |
Predecesor: Antonio Alés Reinlein |
![]() Presidente da deputación de Ourense 1970 - 1973 |
Sucesor: Eduardo Olano Gurriarán |
Predecesor: Luis Álvarez Rodríguez |
![]() Presidente da deputación de Ourense 1976 - 1978 |
Sucesor: Victorino Núñez |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Ficha hiperbreve de Ferrer Garrido na web da Orde da Vieira Arquivado 13 de setembro de 2009 en Wayback Machine. (en castelán)
- ↑ La Voz de Galicia, 8-10-1998, p. 60.
- ↑ Toma posesión el nuevo alcalde de Orense en La Vanguardia, 29/7/1963
- ↑ Procuradores en Cortes por Diputaciones Provinciales, en La Vanguardia, 7/10/1971