Saltar ao contido

Radio Vitoria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Radio Vitoria
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
Características
 Lingua usada
Implicados
 Propietario/a
 Operador/a
Datas
 Fundación / creación
1934 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 País
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Webcast
Twitter: radio_vitoria Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Radio Vitoria é unha emisora de radio pertencente ao Grupo Euskal Irrati Telebista (EITB), o ente público de comunicación que depende do Goberno Vasco. Emite en castelán dende Vitoria para todo o territorio arabés.

Fundada en 1934, foi adquirida en 1982 polo Goberno Vasco para que constituíse o embrión do que posteriormente sería o grupo de comunicación EITB. En 2000 sufriu unha renovación total das súas instalacións e un cambio de localización. A súa nova localización, no campus universitario, con amplos locais que comparte coa corresponsalía de ETB, a televisión do Grupo, e a utilización de modernas tecnoloxías dixitais póñena como referente no panorama dos medios de comunicación do territorio histórico.

Programación

[editar | editar a fonte]

A súa programación é comercial e diversa, composta fundamentalmente pola información política e económica, os deportes, a cultura, o humor e o entretemento, moi vinculada a Vitoria e a Áraba. Entre os seus programas destacan:

  • El mirador, magacine de actualidade e entretemento que ameniza as emisións pola mañá.
  • Araba Gaur, magacine informativo cunha grande edición de 8 a 9:30, unha segunda de 13:30 a 15 h e unha edición vespertina de 19:30 a 20h.
  • Alguien te está escuchando, actualidade e entretemento para as mañás da fin de semana.
  • Los deportes, con especial seguimento ao Baskonia, un dos equipos estrelas da liga ACB de baloncesto, e ao Deportivo Alavés, equipo de fútbol da cidade.
  • Radio Vitoria jazz, moi vinculada ao festival de Jazz de Vitoria-Gasteiz. Adoita emitir en directo os seus concertos estrelas. Mantén en antena os programas El Jazz todos os domingos ás 23 horas, e Club de Jazz todos os festivos ás once da noite.

Frecuencias

[editar | editar a fonte]

Áraba

Biscaia

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]