Euskal Telebista
Aparencia
(Redirección desde «ETB»)
| Euskal Telebista | |||
|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||
| Persoas e organizacións | |||
|
Propietario/a
| |||
| Datas e cronoloxía | |||
|
Fundación
| |||
| Localización | |||
| |||
| Fontes e ligazóns | |||
|
Páxina WEB
| |||
| Wikidata C:Commons |
Euskal Telebista (ETB, en galego: Televisión Vasca) é o ente televisivo autonómico do País Vasco, que forma parte de Euskal Irrati Telebista (Radio Televisión Vasca), consorcio dependente do Goberno Vasco. Ten a figura xurídica de Sociedade Anónima.
Canles
[editar | editar a fonte]- ETB 1, integramente en éuscaro.
- ETB 2 en castelán.
- Canal Vasco, que se emite vía satélite para América, nalgúns países logo distribúese por cable.
- ETB Sat para o resto de España e Europa, vía satélite.
- ETB 3
- ETB 4, que substituíu o ETBK Sat.
- ETB HD, en alta definición.
- ETB 1 HD
- ETB 2 HD
Sede
[editar | editar a fonte]Consta dun centro de emisión e produción de informativos situado na sede do Grupo EITB en Bilbao e dun centro de produción de programas en Donostia. Mantén corresponsalías en Vitoria, Baiona, Pamplona, Barcelona, Madrid, París, Londres, Berlín, Nova York, Xerusalén, Bruxelas e Pequín.